Chānakya(sánscrito: चाणक्य Cāṇakya támil: சாணக்கியன் Cāṇakiyan ) (c. 350–283 a.C.) foi un conselleiro do primeiro emperador maurya Chandragupta (c. 340–293 a.C.), e foi o arquitecto principal do seu ascenso ao poder. Kautilya e Vishnugupta, os nomes polos que os tratados políticos da Antiga India chamaron ao autor do Arthaśāstra, son atribuídos tradicionalmente a Chanakya. Journal of the American Oriental Society, vol. 84 (2), p. 162–169, American Oriental Society, ISSN 0003-0279 Chanakya foi considerado o pioneiro no eido da economía e ciencia política.L. K. Jha, K. N. Jha (1998), Chanakya: the pioneer economist of the world, International Journal of Social Economics, vol. 25 (2-4), p. 267–282.Waldauer, C., Zahka, W.J. and Pal, S. 1996. Kautilya's Arthashastra: A neglected precursor to classical economics , Indian Economic Review, Vol. XXXI, No. 1, pp. 101-108.Tisdell, C. 2003. A Western perspective of Kautilya's Arthasastra: does it provide a basis for economic science? Economic Theory, Applications and Issues Working Paper No. 18. Brisbane: School of Economics, The University of Queensland.Sihag, B.S. 2007. Kautilya on institutions, governance, knowledge, ethics and prosperity. Humanomics 23 (1): 5-28. No mundo occidental, denomínaselle o Maquiavelo indio, aínda que os traballos de Chanakya preceden aos de Maquiavelo en arredor de 1.800 anos.Herbert H. Gowen (1929). "The Indian Machiavelli" and in a much more conventional world.or Political Theory in India Two Thousand Years Ago, Political Science Quarterly 44 (2), p. 173–192. Chanakya foi profesor no Takṣaśila, un antigo centro de ensino, e foi o responsable da creación do Imperio Maurya, o primeiro da súa clase no subcontinente indio. Os seus traballos perdéronse preto do remate da dinastía Gupta e non foron redescubertos ata 1915.
Traxectoría Identidade do autor Sábese que xeralmente chamábaselle Chanakya, pero na súa calidade de autor do Arthashastra, un antigo tratado político indio, adóitaselle denominar Kautilya, que provén da expresión kautil neeti, e que podería ser a súa gotra (nome do clan)Trautmann 1971:10 "(...) mentres que no seu papel como autor de Arthashastra cita co seu nome gotra (clan), Kautilya." e Vishnugupta, que tamén foi tradicionalmente identificado co nome de Chanakya.Mabbett 1964Trautmann 1971:5 Foi un sagaz mestre da diplomacia. Unha das primeiras referencias da literatura en sánscrito que identifica explicitamente Chanakya con Vishnugupta foi o Panchatantra de Vishnu Sharma, do século III a. C.Mabbett (1964). "Referencias á obra noutros exemplos da literatura sánscrita atribúena a Vishnugupta, Chanakya e Kautilya. Enténdese, en cada caso, que é o mesmo individuo. O Panchatantra identifica explicitamente Chanakya con Vishnugupta."
K.C. Ojha expresa a opinión de que a identificación tradicional na que se considera que Vishnugupta e Kautilya son o mesmo individuo foi producida por unha confusión de edición e suxire que Vishnugupta foi un redactor da obra orixinal de Kautilya. Thomas Burrow vai aínda máis lonxe e suxire que Chanakya e Kautilya poden ser dúas persoas diferentes.Trautmann 1971:67. T. Burrow. "Cāṇakya; Kauṭalya". Annals of the Bhandarkar Oriental Research Institute, 48–49, 1968, p. 17 ff. Burrow cre que Cāṇakya é tamén un nome gotra, que conxuntamente con outras probas deixa moi claro que se trata de dúas persoas diferentes: o lendario ministroCāṇakya por unha banda, e Kauṭilya foi o compilador do Arthaśāstra.
miniatura|Moeda de prata do Imperio Maurya, cos símbolos da roda e o elefante. Século III aC. Os detalles biográficos sobre Chanakya móvense a miúdo no campo da lenda. Thomas R. Trautmann analizou diferentes fontes documentais e enumerou os seguintes elementos comúns das narracións existentes sobre Chanakya:Trautmann 1971:"The Chāṇakya-Chandragupta-Kathā" Chanakya naceu xa con todos dentes, un sinal de que se convertería en rei, e que é unha característica inadecuada para un brahman como Chanakya. Os dentes de Chāṇakya, romperon e alguén profetizou que se pronunciaría a través doutro. O rei Nanda expulsou a Chānakya da súa corte, e Chānakya xurou que se vingaría. Chānakya buscou un digno rival para o rei e atopou o mozo Chandragupta Maurya que de neno xa mostraba capacidade de ser un líder. O intento inicial de Chānakya de derrocar a Nanda fallou. Chānakya cambiou a súa alianza co rei da montaña, Parvata, debido á súa obstinación e a non-adhesión aos principios do tratado que acordaran. Chānakya percorreu aos servizos dun texedor fanático para liberar o reino de rebeldes. A rivalidade política con Subandhu prexudicou a saúde de Chānakya. Segundo unha lenda, que é unha invención posterior, mentres Chanakya exercía como Primeiro Ministro de Chandragupta Maurya, empezou a engadir pequenas cantidades de veleno aos alimentos de Chandragupta para que se afixese a el. O obxectivo disto era evitar que o emperador fose envelenado polos inimigos. Un día a raíña Durdha, que estaba embarazada de nove meses, compartiu a comida co emperador. Dado que ela non estaba afeita á comida envelenada, morreu. Chanakya decidiu salvar o bebé, cortou o ventre da raíña e sacou o bebé. Unha pinga (Bindu en sánscrito) do veleno pasara á cabeza do bebé e, por tanto, Chanakya nomeouno Bindusara. Este converteríase nun gran rei e pai do maior emperador maurya desde Chandragupta, Aixoka.Bibliotheca Indica, Volume 96, Issue 5. Asiatic Society (Calcuta, India). Baptist Mission Press, 1891.Jainism in South India by P.m. Joseph. International School of Dravidian Linguistics, 1997. ISBN 978-81-85692-23-4.
Bindusara naceu antes de que o seu pai fose emperador e, por tanto, esta lenda non é certa. Aixoka, o fillo, casou no 265 aC e o seu fillo Kunala tiña 18 anos de idade no 269 aC, o cal significa que mesmo os príncipes casaban ben cedo. Aixoka naceu no 310 aC e Bindusara ao redor do 330 aC.
Unha anécdota que mostra a súa intelixencia e gran capacidade de observación é a seguinte: unha vez as forzas mauryes tiveron que esconderse nunha cova fuxindo dos seus inimigos e non tiñan nada para comer. Os soldados tiñan fame e non podían saír da cova, posto que as súas vidas corrían perigo. Chanakya viu unha formiga que traía un gran de arroz, pero non había ningún rastro de alimentos ou de grans en ningún lugar da cova. Ordenou que cociñasen o gran de arroz e a continuación os soldados puxéronse a buscar onde podería atopar a formiga aquel alimento. Atoparon que os seus inimigos estaban a comer nun espazo xusto debaixo da cova. En canto viron isto, e sabendo onde se situaba o inimigo, escaparon e salvaron as vidas.
Últimos anos e morte Cando Bindusara xa foi novo, Chandragupta abandonou o trono e seguiu ao santo Bhadrabahu, ao actual Karnataka, e establecéronse nun lugar coñecido como Shravana Belagola. Viviu como un asceta durante algúns anos e morreu de inanición voluntaria segundo a tradición xainista.
Chanakya mentres tanto mantívose como Primeiro Ministro de Bindusara. Bindusara tamén nomeou como un dos seus ministros a Subandhu, que envexaba a Chanakya. Un día díxolle a Bindusara que Chanakya foi o responsable da morte da súa nai. Bindusara pediu información ás doncelas, que lle confirmaron esta historia, e alporizouse moito con Chanakya. Dise que Chanakya, vendo que o emperador estaba enfadado con el, pensaba que chegara o final da súa vida. Deu tódolos seus bens aos pobres, ás viúvas e ós orfos e sentou sobre un montón de esterco, disposto a morrer mediante a abstinencia total de alimentos e bebidas. Bindusara, mentres, coñeceu a historia completa do seu nacemento pola narración completa das doncelas e afanouse en pedir perdón a Chanakya. Pero Chanakya mantivo a súa decisión. Bindusara virou entón a súa furia contra Subandhu. Subandhu, que aínda odiaba a Chanakya, quería asegurarse que este non volvese á cidade e organizou unha cerimonia de respecto, mentres escondido de todo o mundo, fixo caer unha brasa de carbón ardendo dentro da chea de esterco. Axudado polo vento, o esterco incendiouse rapidamente, e o grande home e o autor do Arthashastra foi queimado ata a morte.
A súa principal filosofía era: "Unha débeda ten que ser pagada ata o último céntimo; un inimigo ten que ser destruído sen deixar rastro". Ironicamente, o seu principal inimigo, Subandhu, seguiu a súa filosofía e destruíuno sen deixar rastro.
Os grupos relixiosos Na sociedade maurya había tres tipos de crentes non tradicionais: xainistas, budistas e aivaquitas. Chanakya era un seguidor de Ajivaka; Nanda era xainista e a súa perda do poder representou a desgraza para todos os seus ministros xainistas. O tío de Chanakya era xainista tamén, e un grupo deles apoiou a Chanakya na súa política de conspiracións para conseguir o poder. Posteriormente, cando abdicou do trono, Chandragupta Maurya converteuse ao xainismo. O seu fillo Bindusara era axivaka. Tamén Ashoka era axivaka pero co ascenso ao trono converteuse ao budismo.
Máis tarde, o axivikismo foi a relixión oficial do imperio a partir da guerra de Kalinga (261 aC) e durante 14 anos. Posteriormente perdeu poder e fusionouse co hinduísmo tradicional. A información que nos chegou é unha mestura de historias budistas contraditorias e lendas xainistas, que son rexeitadas mesmo polas crónicas cingalesas.
Rol na caída do Imperio Nanda miniatura|O Imperio Nanda na súa maior extensión baixo Dhana Nanda, circa o 323 aC. miniatura|Imperio de Chandragupta nos seus primeiros anos. É sabido que Chankaya e Chandragupta derrotaron o poderoso Imperio Nanda e estableceron o novo Imperio Maurya.
Mudrarakshasa ("O Selo do Ministro"), unha obra datada, de maneira diversa, a finais do século cuarto ata principios do século oitavo, narra o ascenso de Chandragupta Maurya ao poder: Sakatala, un ministro real descontento, presenta a Chanakya ao rei nanda, sabendo que Chanakya non sería moi tratado na corte. Humillado na corte, Chanakya desatou a sikha e xurou que non o ataría de novo ata que non destruíse o reino nanda. De acordo co Mudrarakshasa, Chandragupta era o fillo dunha concubina real chamada Mura e pasou a súa infancia no palacio dos nanda. Chanakya e Chandragupta asinaron un pacto con Parvataka (identificado como o rei Poros de Hidaspes por algúns estudosos) ao noroeste da India, feito que lles aseguraba a súa vitoria sobre o Imperio Nanda. O seu exército combinado tivo soldados sacas, yavanes (gregos), kirates, kamboges e vahliks.
Despois da súa vitoria, os territorios do Imperio Nanda dividíronse entre Parvataka e o aliado de Chanakya, Chandragupta. Con todo, despois da morte de Parvataka, o seu fillo Malayaketu buscou o control de todos os antigos territorios nanda. Foi apoiado por Rakshasaa, o exministro do reino Nanda. Varios dos intentos de matar a Chandragupta foron frustrados por Chanakya. Como parte da súa estratexia, Chanakya e Chandragupta escenificaron unha brecha entre eles. Nesta farsa, Chandragupta cesou a Chanakya do seu cargo ministerial, mentres declaraba que Rakshasa era mellor que el. Axentes de Chanakya na corte de Malayaketu fixeron que o rei se virase contra Rakshasa ao suxerir que Rakshasa estaba a piques de substituír a Chanakya na corte de Chandragupta. As actividades dos espías de Chanakya ensancharon aínda máis a brecha entre Malayaketu e Rakshasa. Os seus axentes tamén enganaron a Malayaketu ao facerlle crer que cinco dos seus aliados planeaban unirse a Chandragupta, o que conduciu a Malayaketu a ordenar as súas mortes. Ao final, Rakshasa acaba uníndose a Chandragupta e a coalición de Malayaketu resulta completamente desfeita pola estratexia de Chanakya.
Segundo os textos budistas, Chandragupta era o fillo do xefe do clan Moriya de Pippalivana. Chanakya veuno dirixindo un grupo de mozos da localidade e quedou moi impresionado. Elixiu a Chandragupta como o líder da revolta anti-Nanda.