O Club Voleibol Las Palmas ou Ciudad de Las Palmas de Gran Canaria Cantur por motivos de patrocinio, é un equipo de voleibol da cidade das Palmas de Gran Canaria. Fundouse en 1976 co nome de Russell Hall Las Palmas, e durante esas tempadas tamén patrocinaron e deron nome ao equipo Hotel Cantur, Cintra, Electrolux, Costa 7, Tirma e Sandra. Conseguiu o ascenso á máxima categoría do voleibol feminino español en catro ocasións sendo a primeira na tempada 1977-78 e tamén nas tempadas 1979-80, 1981-82 e 1999-00. Na tempada 2002-03 chegou o seu maior éxito ao conseguir o título de Liga e chegar ata o subcampionato na Copa CEV.

Ao finalizar a tempada 2009-10 fusionouse co Club Voleibol J.A.V. Olímpico.

Palmarés 1 Superliga: 2002-03 1 subcampionato da Copa da Raíña: 2006 1 subcampionato da Copa CEV: 2002-03

Véxase tamén

Outros artigos Club Voleibol J.A.V. Olímpico

Ligazóns externas Real Federación Española de Voleibol - Superliga Femenina Federación Canaria de Voleibol Web oficial do equipo Hotel Cantur Peña Furor Canario

Las Palmas Categoría:Deporte nas Palmas de Gran Canaria