Alfonso Otero Varela, nado en Santiago de Compostela en 1925 e finado ibídem o 20 de setembro de 2001, foi un avogado e profesor galego.
Traxectoria Foi profesor de Dereito na Universidade de La Laguna, e dende mediados dos anos cincuenta ata a súa xubilación en 1990 catedrático de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi decano da Facultade de Dereito, e durante o seu mandato inaugurouse o novo edificio da facultade. Foi membro de Falange Española Tradicionalista y de las JONS. Casou en 1957 con Anima Schmitt, filla do xurista alemán Carl Schmitt, coa que tivo como fillos a Dusanka, Xurxo, Álvaro e Carlos Otero Schmitt.
Obras Dos estudios histórico-jurídicos, 1955.
Véxase tamén Ligazóns externas Recensión bio-bibliográfica
Categoría:Avogados de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2001 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes