Nandi Tuaine Glassie, nado o 21 de maio de 1951 en Atiu, é un político das Illas Cook.
Traxectoria Glassie estudou artes na Universidade de Auckland e realizou un máster en política pública na Universidade Massey, traballou para o departamento de traballo de Nova Zelandia, a antiga cidade de Manukau e para o goberno das Cook. Entre 2005 e 2006 foi xefe do equipo na oficinado primeiro ministro. Presentouse ás eleccións de 2006, obtendo escano pola circunscrición Tengatangi/Areora/Ngatiarua polo Partido das Illas Cook derrotando ao demócrata Eugene Tatuava. En decembro de 2010, logo de gañar o seu partido as eleccións, o novo primeiro ministro, Henry Puna, nomeouno ministro de Saúde e Agricultura.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil no Parlamento das Illas Cook.
Categoría:Ministros das Illas Cook Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados nas Illas Cook