Ngamau Mere Munokoa, nada o 13 de agosto de 1944 en Rarotonga, é unha empresaria e política das Illas Cook.
Traxectoria Ngamau resultou elixida como parlamentaria en 1996 pola circunscrición de Nikao-Panama como demócrata, converténdose na terceira muller en ser elixida para o Parlamento das Illas Cook, de 1999 a 2002 foi ministra de Asuntos Internos e Traballo no goberno de Terepai Maoate e despois no de Robert Woonton, en 2003 este designouna como viceprimeira ministra, a primeira muller en ocupar o posto.. En 2006 deixou o posto en protesta pola decisión de Woonton de formar unha coalición co Partido das Illas Cook, pero foi de novo nomeada por Jim Marurai en 2005. e como ministra de Asuntos Interiores, Medio Ambiente e Agricultura ata decembro de 2009 cando cesou apoiando ao líder do partido Terepai Maoate.. Nas eleccións xerais de 2010 resultou elixida no seu escano. A raíña Isabel II deulle o título de oficial da Orde do Imperio Británico en 2010.London Gazette
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Parlamento das Illas Cook
Categoría:Ministros das Illas Cook Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados nas Illas Cook