O Mercedes-Benz Clase R é un monovolume do fabricante alemán Mercedes-Benz, comercializado desde o 2006. É o terceiro modelo monovolume da marca tras o Mercedes-Benz Clase A e o Mercedes-Benz Clase B.
Presentación A primeira vez que o Clase R foi visto foi no Salón do Automóbil de Detroit do ano 2001 como un prototipo Grand Sport Tourer. O modelo de produción presentouse no Salón do Automóbil de Nova York no ano 2005.
Produción O Clase R ten o código de fabricación V251, e móntase en Tuscaloosa (Alabama) e Cidade de México.
Ten un motor dianteiro lonxitudinal, tracción traseira ou ás catro rodas e carrocería de cinco portas; as catro portas laterais son pivotantes. Ofrécese con cinco, seis ou sete asentos distribuídos segundo a seguinte configuración 2-3, 2-2-2 e 2-3-2 respectivamente.
Os motores Diésel empregan desde 2009 a tecnoloxía BlueTec.
Gama de motores
Nome Motor Potencia DiéselR 280 CDI 3.0 L V6 190 CVR 320 CDI 3.0 L V6 224 CV GasolinaR 280 3.0 L V6 231 CVR 350 3.5 L V6 272 CVR 500 5.0 L V8 306 CVR 500 5.5 L V8 388 CVR 63 AMG 6.2 L V8 510 CV
Segunda xeración A segunda xeración do Clase R presentouse no ano 2010 no Salón do Automóbil de Nova York e comezará a venderse no ano 2011. O novo modelo presenta un deseño máis conservador có da primeira xeración. Ten dúas lonxitudes e opcións para acomodar a catro, cinco, seis ou sete ocupantes, así como tracción traseira ou integral. Unicamente ofrece unha transmisión de sete velocidades. Ao principio ofrecerase coas versións R300 CDI e R350 4Matic.
Véxase tamén
Ligazóns externas Experience the R-Class - the Grand Sports Tourer Galería de fotos do R350 - FamilyCar.com
Categoría:Modelos de Mercedes-Benz