O radon é un elemento químico pertencente ao grupo dos gases nobres. Ten número atómico 86 e o seu símbolo é Rn. Na súa forma gasosa é incoloro, inodoro e insípido (en forma sólida a súa cor é avermellada). A súa masa media é de 222, o que implica que por termo medio ten 222-86 = 136 neutróns. Igualmente, en estado neutro correspóndelle ter o mesmo número de electróns que de protóns, isto é, 86.

É un elemento altamente radioactivo e gasoso, encadrado nos gases nobres.

O radon é o produto da desintegración do radio (226Ra). O isótopo 219Rn é produto da desintegración do actinio, chamado actinón e ten unha vida media de 4 segundos. Ademais de todos estes, o radon ten 22 isótopos artificiais, producidos por reaccións nucleares por transmutación artificial en ciclotróns e aceleradores lineais. O isótopo máis estable é o 222Rn, tamén o máis abundante, cunha vida media de 3,8 días e é produto da desintegración do 226Ra. Ó emitírenlle partículas alfa convértese en 218Po.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Gas radon nos centros de ensino galegos, no xornal Galicia hoxe

Categoría:Radon Categoría:Gases nobres Categoría:Carcinóxenos