"The Walk" é un sinxelo da banda inglesa The Cure, editado o 27 de xuño de 1983. Foi lanzado como sinxelo independente e posteriormente apareceu no seu recompilatorio Japanese Whispers.
Unha das caras-b de "The Walk", "Lament", é unha regravación dun sinxeloo promocional lanzado a finais de 1982 para Flexipop. A diferenza da versión anterior, experimental e confusa, as letras son entendibles e o son é máis profesional.
O sinxelo acadou o posto 12 nas listas británicas, converténdose no maior éxito de The Cure ata ese momento.
Listaxe de cancións UK 7" "The Walk" "The Dream"
UK 12" "The Walk" "Lament" "The Upstairs Room "The Dream"
US mini-LP "The Upstairs Room" "Just One Kiss" "The Dream" "The Walk" "La Ment" "Let's Go To Bed"
Categoría:Sinxelos de 1983 Categoría:Cancións de The Cure