José Carlos Quiroga Díaz, nado en Escairón (O Saviñao) o 9 de maio de 1961, é un escritor e lingüista galego, irmán xemelgo do tamén escritor Xabier Quiroga.

Traxectoria miniatura|260x260px|Entrevista en Nós Televisión Doutor en Filoloxía Galego-portuguesa, foi bolseiro de investigación da Fundação Calouste Gulbenkian (1991-1992), do actual Instituto Camões (1992-1993), e da Universittà Italiana per Stranieri (1983). Antes de traballar na Universidade de Santiago de Compostela, onde é profesor de literaturas lusófonas, foi o primeiro docente de portugués nunha Escola Oficial de Idiomas de GalizaPGL , consultado o 11 de xaneiro de 2011.

Fundou e dirixiu a revista O Mono da Tinta, de 1987 a 1991. Durante varios anos foi director da revista de ciencias sociais e humanidades Agália. Foi un dos fundadores do proxecto editorial Letras de Cal. O Diário de Notícias portugués incluíu o seu libro Inxalá nunha colección de clásicos literarios universais.Carlos Quiroga na Biblioteca de Verão , Diário de Notícias, 26/07/2010

Ademais de profesor na USC, é membro da dirección da Asociación de Escritores en Lingua Galega e tamén da Associaçom Galega da Língua.

Obras Poesía G.O.N.G. -mais de vinte poemas globais e um prefácio esperançado (1999). Fundaçom Artábria. A Espera Crepuscular (2002). Quasi Edições/Laiovento. O Regresso a Arder (2005). Quasi Edições/AGAL.

Narrativa Periferias (1999). Laiovento. gañador do Premio Carvalho Calero de creación literaria. Inxalá (2006) Premio Carvalho Calero de creación literaria. Venezianas (2007). Quasi Edições. Império do Ar. Cavalgadas de Daniel em Ilha Brasil (2014). Confraria do Vento. Peixe Babel (2016). Urco.

Ensaio A imagem de Portugal na Galiza (2016). Através.. Raízes de Pessoa na Galiza (2018). Através.

Teatro Il Castello nello Stagno di Antela - O Castelo da Lagoa de Antela (2004).Premio de Teatro infantil na Mostra de Ferrolterra en 1988, publicado en Italia en galego e italiano

Obras colectivas XVIII Festival da Poesia do Condado (S. C. D. Condado, 2004). O Crânio de Castelao (Através, 2013). Desassossego (Mombak, 2014). O Dia da Toalha na Galiza (Através, 2014).

Premios Premio da Mostra de Teatro Infantil de Ferrolterra no 1988, por O Castelo da Lagoa. Premio Carvalho Calero de narrativa no 1998, por Periferias. Premio Carvalho Calero de narrativa no 2005, por Inxalá. XXV Premio Vicente Risco das Ciencias Sociais en 2021 coa obra titulada A costela galega de Eça de Queirós.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados no Saviñao Categoría:Nados en 1961 Categoría:Premio Carvalho Calero Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela