Norman George, nado o 2 de xullo de 1946 en Atiu, é un político das Illas Cook.
Traxectoria
George traballou como oficial de policía, primeiro na Policía das Illas Cook e logo na Policía de Nova Zelandia, antes de traballar como avogado en Rarotonga. En 1983 resultou elixido como demócrata para o Parlamento das Illas Cook por vez primeira.
De 1984 a 1989 George foi ministro nos gabinetes de Tom Davis e Pupuke Robati, levando as carteiras de Asuntos Exteriores, Tradicións, Relacións co Parlamento, Banco de Desenvolvemento das Illas Cook, Policía e Fiscal Xeral
En 1992 George resultou expulsado do seu partido por unha disputa sobre os gastos., fundou entón o Partido da Alianza, que conseguiu dous asentos nas eleccións de 1994, e cinco anos despois refundado como Partido da Nova Alianza, logrou catro escanos, pasando a ser George viceprimeiro ministro. durante algúns meses ata que en outubro pasou á oposición, volvendo de novo a asumir o posto tras apoiar a Terepai Maoate como primeiro ministro, uníndose o Partido da Nova Alianza co Partido da Alianza Democrática,, George tivo varias carteiras no goberno de coalición de Robert Woonton antes de cesar en 2002. Unha serie de escándalos sobre conflitos de intereses,, a venda unha residencia ao promotor neozelandés Mark Lyon, e un axunto xudicial sobre incompatibilidades fixeron declinar a popularidade de George. Cando o Partido Demócrta non o seleccionou como candidato para as eleccións xerais de 2004 deixou o partido e fundou o Tumu Enua, que non tivo éxito obter o escano., pese á súa derrota foi nomeado presidente do Parlamento, xa que segundo as leis das Cook, o presidente non ten por que ser deputado. Nas eleccións parciais de 2006 obtivo escano como independente apoiado polo Partido das Illas Cook, reelixido nas eleccións xerais de 2006 e 2010.
Notas
Ligazóns externas Perfil no Parlamento das Illas Cook
Categoría:Ministros das Illas Cook Categoría:Policías Categoría:Avogados