O Volkswagen Race Touareg é un automóbil prototipo deseñado para a competición off-road, que mantén o nome do SUV de serie Touareg. Debutou no Rally Dakar de 2004. Anteriormente VW competira cos buggys de tracción traseira Volkswagen Tarek. O prototipo do Race Touareg foi deseñado para comptir na categoría T2 por Volkswagen Motorsport. Bruno Saby, o piloto, acadou a sexta posición no Dakar de 2004. Ao ano seguinte, Jutta Kleinschmidt obtivo a terceira posición.
No 2006, o surafricano Giniel de Villiers quedou segundo na proba, a posición máis alta acadada por un cohce diésel na competición. A súa primeira vitoria veu con Carlos Sainz no Rally de Europa Central de 2008. Finalmente, no rally de 2009, Volkswagen obtivo a vitoria con Giniel de Villiers e o seu copiloto Dirk von Zitzewitz.
Motores DiéselMotorAnoPotencia2.3 TDI2004231 CV2.5 TDI2005260 CV2.5 TDI2006275 CV2.5 TDI2007285 CV
Resultados no Dakar AnoPosto(s)Piloto(s)Copiloto(s)20111º Nasser Al-Attiyah Timo Gottschalk2º Giniel de Villiers Dirk Von Zitzewitz3º Carlos Sainz Lucas Cruz20101º Carlos Sainz Lucas Cruz2º Nasser Al-Attiyah Timo Gottschalk3º Mark Miller Ralph Pitchford7º Giniel de Villiers Dirk von Zitzewitz20091º Giniel de Villiers Dirk von Zitzewitz2º Mark Miller Ralph Pitchford20077º Carlos Sousa Andreas Schulz9º Carlos Sainz Michel Perin20062º Giniel de Villiers Tina Thörner20053º Jutta Kleinschmidt Fabrizia Pons
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Volkswagen Touareg Volkswagen Tarek BMW X3 CC
Ligazóns externas Prueba del Volkswagen Race Touareg en motor.terra.es, accedido o 13 de xaneiro de 2011, . Galería de fotos
Race Touareg