Georges Joseph Christian Simenon, nado en Liexa o 13 de febreiro de 1903 e finado en Lausana o 4 de setembro de 1989, foi un escritor belga.

Traxectoria Simenon procedía dunha familia acomodada limburguesa asentada en Liexa. En 1918 deixa os estudos e en 1919 comeza a traballar par o xornal conservador La Gazette de Liège. Logo da morte do seu pai estableceuse en París (1922). Entre 1945 e 1955 viviu nos Estados Unidos e dende 1957 residiu en Suíza.

Simenon foi un dos escritores máis prolíficos do século XX, escribía entre 60 e 80 páxinas ao día, e durante a súa vida publicou 368 novelas e máis de 200 relatos, aínda que é coñecido sobre todo polas 75 novelas 28 relatos do Comisario Maigret; a primeira novela da serie, Pietr-Le-Letton apareceu en 1931 e a última, Maigret et M. Charles en 1972. As novelas de Maigret traducíronse a 55 linguas e moitas convertéronse en filmes. Unha delas foi traducida ao galego, Maigret na escola.

Simenon tamén escribiu gran número de novelas psicolóxicas como La neige était sale (1948) ou Le fils (1957).

Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores de Bélxica Categoría:Nados en 1903 Categoría:Nados en Liexa Categoría:Finados en 1989 Categoría:Novelistas de Bélxica