Arredondo é un concello da comunidade autónoma de Cantabria. Está situado na comarca de Asón-Agüera. Limita cos concellos de Ruesga e Riotuerto polo norte, polo leste con Ruesga, polo sur con Soba e polo oeste con Ruesga e Miera.

O municipio atópase no pé do porto de Alisas, e polo territorio pasan os ríos Asón e Bustablado.

Localidades

Alisas. Arredondo (Capital). Asón. El Avellanal. La Iglesia. Rocías. La Roza. Socueva. Tabladillo. Val del Asón.

Historia Desde aquí emigraron numerosos indianos cara América, onde fixeron fortuna e volveron con grandes ganancias e riquezas. Este municipio estivo vinculado enteiramente con Ruesga, posto que no ano 1822 pertencía a ese réxime señorial, en concreto á Casa dos Velasco. Trala formación de ambos concellos, o territorio de Ruesga quedou divido en dúas zonas, e Arredondo, unha delas, quedou practicamente rodeada por Ruesga.

Núcleo de poboación

Arredondo é localidade e capital municipal, e está a unha altitude de 161 metros sobre o nivel do mar. No 2008, a localidade contaba cunha poboación de 242 habitantes (Instituto Nacional de Estadística). Está situada a unha distancia de 45 quilómetros da capital cántabra Santander.

Cabe mencionar o Centro Ictiolóxico, un centro de cultivo de salmóns que estuda os ecosistemas fluviais.

Patrimonio Dous son os bens de interese cultural, con categoría de monumento, deste municipio: A igrexa rupestre de San Xoán, en Socueva, nun farallón calcario dominando o pobo de Socueva. As paredes que non son de pura rocha están feitas de cachotería. Ten unha nave e unha ábsida con bóveda de forno, separado por un arco triunfal de ferradura. Conserva restos da mesa de altar e o seu soporte. Pertence ao século IX. A igrexa parroquial de San Pelaio, na capital municipal, do século XIX de arquitectura neoclásica.

Economía

Un 42,9 % da poboación de Arredondo emprégase no sector primario, un 10 % na construción, un 9 % na industria e un 38,1 % no sector terciario.

Demografía

Administración Nas seguintes táboas amósanse os resultados das eleccións municipais celebradas en 2003 e 2007. Eleccións municipais, 25 de maio de 2003 Partido Votos % Concelleiros PP 262 55,74 % 4 PRC 146 31,06 % 2 PSOE 58 12,34 % 1

Alcalde electo: José Luis Revuelta (PP).Eleccións municipais, 27 de maio de 2007 Partido Votos % Concelleiros PRC 213 46,20 % 4 PP 202 43,82 % 3

Alcalde electo: Luis Alberto Santander Peral (PRC).

Festas

1 de xuño, San Íñigo, declarada festa de interese local. 13 de xuño, San Antonio, en Asón. 24 de xuño, San Xoán, en Socueva. 26 de xuño, San Pelaio, en Arredondo. Segundo sábado de agosto, "El Turista", en Arredondo. 30 de agosto, Os Mártires, en Arredondo. 1 de novembro, Feira de Ano de Todos os Santos, en Arredondo, consistente nun importante encontro ganadeiro.

Véxase tamén

Categoría:Concellos de Cantabria