Carlos Portela Orjales, nado en Vigo en 1967«La última vez que hice recuento tenía 16.000 cómics», entrevista de B. R. Sotelino en La Voz de Galicia, 22 de xuño de 2008. é un guionista de banda deseñada e series de televisión galego, tamén é produtor de televisión e subdirector do festival Viñetas desde O Atlántico.

Traxectoria Carlos Portela iniciouse no mundo dos fanzines, autoeditándose Interlínea (1984) e colaborando con Coiote e Frente Comixario, amais do programa de radio Arte Alfa na emisora Radio ECCA en Vigo. Como profesional, escribiu as series Forest Hill (1988) e Guinsy (1988) con debuxos de Norberto Fernández e Víctor Rivas, respectivamente, para o xornal Atlántico Diario; tamén Canciones de amor con Santiago Sequeiros para Totem, el Comix en 1988.Cuadrado (2000), p. 22.

En 1994 comezou a traballar como guionista para Xabarín Club presentando ademais o Consultorio do Dr TNT, que o popularizou na pequena pantalla. Ao tempo, publicou para Camaleón Ediciones as series Impresiones de la Isla (1993), debuxada por Fernando Iglesias e Kami Seeds (1995), debuxada por Fernando Iglesias e Víctor Rivas. Novamente xunto a Fernando Iglesias realizou entre 1995 e 2000 a serie El Laberinto de Piedra para a revista Compostelán. En 1998 encargouse dos guións do relanzamento da serie Gorka debuxada por Sergi San Julián e unha vez máis por Fernando Iglesias.

Nos primeiros anos do século XXI, centrouse na escritura de series de televisión, como Rías Baixas (2000), Entre bateas (2002) ou Maridos e mulleres (2006-2008), pero sen deixar de lado a banda deseñada, realizando con Das Pastoras a serie fantástica Les Heresiarcas (2002) para Les Humanoides Associés. Tanteou ademais o mundo do cinema, escribindo os guións d' O ano da carracha (2004) e Hotel Tívoli (2005).

En 2005 comeza a colaborar con Purita Campos no relanzamento de Esther, que se converteu nun éxito de vendas. Colabora tamén con Sergi San Julian na novela gráfica A conta atrás (2008), onde narra cara a atrás no tempo a catástrofe do Prestige e da que se publicou até agora só o primeiro de dous volumes. Segue escribindo novas series televisivas: Padre Casares, da que tamén é produtor; Gondar (2009), e Matalobos (2009).

Na actualidade traballa para a produtora Mandarina desenvolvendo unha serie de piratas que protagoniza Pilar Rubio.

Obra Audiovisual 2000 Rías Baixas 2002 Entre bateas 2004 O ano da Carracha 2005 Hotel Tívoli 2006-2008 Maridos e mulleres 2008 Padre Casares 2009 Gondar 2009 Matalobos

Historietística 1990 Debuxantes en banda, colectiva (Casa de Xuventude de Ourense) 1992 Memak, con debuxos de Fernando Iglesias ("Frente Comisario") 1992 Vox Populi, con debuxos de Víctor Rivas ("Atlántico Diario") 1993 Impresiones de la isla, con debuxos de Fernando Iglesias ("Camaleón Ediciones") 1995 Kami Seeds, con debuxos de Fernando Iglesias e Víctor Rivas ("Camaleón Ediciones") 1996 El Laberinto de Piedra, con debuxos de Fernando Iglesias ("Compostelan") 1998 Gorka, con debuxos de Sergi San Julián ("Planeta DeAgostini") 2000 Comix 2000, colectiva (L'Association) 2002 Les Heresiarcas, con debuxos de Das Pastoras (Les Humanoides Associés). 2003 H20il, colectiva (Colectivo Chapapote) 2005 Las Nuevas Aventuras de Esther, con Purita Campos (Glenat España) 2008 La cuenta atrás, con debuxos de Sergi San Julián (Faktoría K de Libros)

Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Filme Resultado2008Mellor guiónPadre CasaresNomeado2010Mellor guiónPadre CasaresNomeadoMellor guiónMatalobosNomeado

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Carlos Portela (guionista) en Culturagalega Carlos Portela, ficha en Glenat (castelán)

Categoría:Guionistas de Galicia Categoría:Personalidades da banda deseñada de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1967