Stephen Reeder Donaldson, nado en 1947 en Cleveland, é un escritor de fantasía e ficción científica norteamericano.
Traxectoria Fillo dun médico misioneiro, viviu entre os catro e os dezasete anos na India, onde o seu pai traballaba nunha leprosería, declarouse obxector de conciencia durante a Guerra de Vietnam Comparado con Tolkien pola súa magnífica construción de mundos e culturas, tamén o influíron autores como William Shakespeare, Mervyn Peake ou mesmo as óperas de Richard Wagner. As tres series de Thomas Covenant son o maior éxito de Donaldson, a primeira novela da serie, Lord Foul's Bane, apareceu en 1977.
Categoría:Escritores de ficción científica Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Cleveland, Ohio