Matthew Richard "Matt" Stone, nado en Houston (Texas) o 26 de maio de 1971, é un guionista, actor e produtor estadounidense, coñecido por crear, xunto co seu amigo Trey Parker a serie de animación South Park.

Traxectoria A comezos da década de 1990 coñeceu a Parker con quen dirixiu a súa primeira curtametraxe Jesus vs. Frosty en 1992, ao ano seguinte actuou na súa primeira longametraxe Alferd Packer: The Musical que dirixiu Parker. En 1995 dirixiu outra curta Jesus vs. Santa, tamén con Parker, o resultado deulles azos para crearen unha serie de televisión animada seguindo o estilo das dúas curtas e que co nome de South Park tivo a súa estrea o 13 de agosto de 1997 e onde tamén lle pon voz a varios dos personaxes. Polo seu traballo en South Park Parker gañou catro Emmy. En 1997 produciu e actuou en Orgazmo.

Categoría:Actores de Texas Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores de televisión Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Houston, Texas Categoría:Nados en 1971