The Mercury Program é un grupo musical estadounidense, composto por Dave Lebleu (batería), Sander Travisano (baixo), Tom Reno (guitarra), e Whit Travisano (vibráfono e piano).

Traxectoria O grupo naceu en Gainesville (FL) como un trío en agosto de 1997, uníndoselles Whit Travisano a finais de 1999. Se ben os seus dous primeiros discos incluían temas cantados, desde o lanzamento do EP All the Suits Began to Fall Off fan música instrumental. O seu estilo é unha amálgama, sendo categorizados como post-rock.

Dado que os seus membros viven en diferentes lugares, a banda decidiu tomar un descanso tralo lanzamento de Confines of Heat en 2003. En outubro de 2006 regresaron coa gravación xunto a Andy Baker en Athens (GA) de Chez Viking, se ben o álbum non saíu á venda até novembro de 2009.

Discografía Lights Out In Georgia 7" (7", Boxcar, 1997) Split 7" with Versailles (7", Boxcar, 1998) The Mercury Program (Boxcar, 1999) From The Vapor of Gasoline (Tiger Style, 2000) All the Suits Began to Fall Off (EP, Boxcar, 2001) A Data Learn the Language (Tiger Style, 2002) Confines of Heat (EP, Kindercore, 2003; lanzado no 2006 cun DVD xunto a Maserati) Chez Viking (Lovitt Records, 2009)

presenza en recompilatorios Back to Donut CD Comp (No Idea, 1998, compilación)

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial .

Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais de Gainesville, Florida Categoría:Grupos musicais formados en 1997