Marco Tulio Cicerón (en latín Marcus Tullius Cicero, pronunciado ['mar.kʊs 'tul.liʊs 'ki.ke.ro:]; máis coñecido por Cicerón) nado en Arpino o 3 de xaneiro do 106 a. C. e finado en Formia o 7 de decembro do 43 a. C. foi un xurista, político, filósofo, escritor e orador romano. Está considerado coma un dos maiores retóricos e estilistas da prosa en latín da República romana.Rawson (1975), p. 303Haskell (1964), pp. 300-301
Traxectoria miniatura|esquerda|Clásicos en Galego 14: Sobre a vellez e Sobre a amizade. Cicerón naceu nunha antiga familia do Lacio, a quen se lle dera a cidadanía romana soamente en 188 a.C. O pai proporcionou aos dous fillos, Marco, o máis vello, e Quinto, unha educación moi completa, sendo Marco Tulio entregado aos coidados do célebre senador e xurista romano Mucio Escévola. Viviu nun período especialmente turbulento da historia de Roma. Despois do asasinato de Xulio César, enfronta con Marco Antonio e é degolado cando tenta fuxir para o Oriente.
Cicerón é, con Demóstenes, o mellor expoñente da oratoria clásica. Pola súa voz, postura, xenio, paixón e capacidade de improvisación está dotado para o exercicio da elocuencia. Son famosos os seus discursos contra Verres, en prol da Lex Manilia, contra Catilina (as famosas Catilinarias, nas que denuncia a conspiración de Catilina no Senado romano, no 63 a.C.), en favor de Milón e de Marcelo e contra Marco Antonio.
É autor de diversos tratados filosóficos sobre o Estado, o ben, o coñecemento, a vellez, o deber, a amizade etc., que transmiten a tradición do pensamento grego. As súas propias ideas sobre a arte da oratoria, así como unha historia desta, exprésanse en tratados escritos de forma dialogada, como De Oratore, Brutus, Orator etc.
Salienta tamén De officiis, escrita en forma epistolar. Ata nós chegan case un millar de cartas de Cicerón sobre temas variados que constitúen un valioso conxunto documental. Cicerón desenvolve a prosa latina ata a levar á súa perfección, do mesmo modo que Virxilio e Horacio o fan coa poesía. Os seus discursos tornáronse referencia filosófica e base gramatical para o latín.
Recoñecido coma un dos máis importante autores da historia romana, é responsable da introdución das máis célebres escolas filosóficas gregas na literatura republicana, así como da creación dun léxico filosófico en latín. Grande orador e reputado letrado, Cicerón centrou toda a súa atención na súa carreira política. Actualmente é recordado polos seus escritos de carácter humanista, filosófico e político.Ortega Carmona (2007) As súas cartas, a maioría enviadas a Ático, gozaron dun gran recoñecemento pola introdución dun estilo epistolar depurado na literatura europea. Cornelio Nepote destacou a riqueza ornamental destas cartas, escritas «sobre as inclinacións dos xefes, os vicios dos xenerais e as revolucións estatais», que transportan ó lector a esa época. miniatura|esquerda|Clásicos en Galego 15: Cartas. Coma un dos máximos defensores do sistema republicano tradicional, combateu como puido a ditadura de Xulio César. Porén, durante a súa propia carreira non dubidou en cambiar de postura dependendo do clima político. Atribúese esta indecisión ó seu carácter sensible e impresionable, posto que era propenso a reaccionar de xeito excesivo ante os cambios. O erudito Asinio Polión escribiu del:
Obras Cicerón foi declarado pagán xusto pola Igrexa primitivaEveritt (2003), p. 259 e, polo tanto, as súas obras consideráronse dignas de preservación. Os bogomilos considerábano un dos poucos santos pagáns. Escritores cristiáns romanos e medievais citaron "De re publica" e "De legibus" sen reservas, e moitas das súas obras foron recreadas a partir destas citas fragmentarias. Cicerón tamén articulou unha conceptualización temperá, primitiva e abstracta dos dereitos, baseada en leis e costumes antigos. Das obras de Cicerón, sobreviviron seis sobre retórica, ademais de partes doutras sete sobre filosofía.Herrick (2015), p. 94 Dos seus discursos, coñécese da existencia de 88, pero só 52 sobreviviron.As fontes varían, pero parecen indicar que 52 sobreviviron na súa totalidade e 6 máis en parte.Dueck (2020), p. 58
Discursos
(81 a.C.) Pro Quinctio ("En defensa de Quincio") (80 a.C.) Pro Roscio Amerino ("En defensa de Roscio Amerino") (70 a.C.) In Verrem ("Contra Verres") (69 a.C.) Pro Fonteio ("En defensa de Fonteo") (69 a.C.) Pro Caecina ("En defensa de Cecina") (66 a.C.) Pro Cluentio ("En defensa de Cluencio") (66 a.C.) De Imperio Gnaei Pompei ou De Lege Manilia ("Sobre o poder de Cneo Pompeio") (63 a.C.) De Lege Agraria ("Sobre as Leis Agrarias", propostas por Servilio Rulo) (63 a.C.) In Catilinam ("Contra Catilina", coñecidas como "Catilinarias") (63 a.C.) Pro Rabirio Perduellionis Reo ("En defensa de Rabirio") (62 a.C.) Pro Sulla ("En defensa de Sila") (62 a.C.) Pro Archia Poeta ("En defensa de Arquias, o poeta") (59 a.C. Pro Flacco ("En defensa de Flaco") (57 a.C.) Post Reditum in Senatu ("Discurso ao Senado despois da súa volta") (57 a.C.) Post Reditum ad Quirites ("Discurso ao pobo despois da súa volta") (57 a.C.) De Domo Sua ("Sobre a súa casa") (57 a.C.) De Haruspicum Responsis ("Sobre a resposta aos Arúspices") (56 a.C.) Pro Sestio ("En defensa de Sexto") (56 a.C.) In Vatinium ("Interrogatorio de Vacinio") (56 a.C.) Pro Caelio ("En defensa de Celio") (56 a.C.) De Provinciis Consularibus ("Sobre as Províncias Consulares") (56 a.C.) Pro Balbo ("En defensa de Balbo") (55 a.C.) In Pisonem ("Contra Pisón") (54 a.C.) Pro Rabirio Postumo ("En defensa de Rabirio Póstumo") (52 a.C.) Pro Milone ("En defensa de Milón") (46 a.C.) Pro Marcello ("En defensa de Marcelo") (46 a.C.) Pro Ligario ("En defensa de Ligario") (45 a.C.) Pro Deiotaro ("Em Defesa do rei Deiotaro") (44–43 a.C.) Philippicae ("Filípicas", contra Marco Antonio)
Tratados
(55 a.C.) De Oratore ad Quintum fratrem libri tres ("Sobre o orador, tres libros para seu irmán Quinto") (51 a.C.) De Re Publica ("Sobre a República") (?? a.C.) De Legibus ("Sobre as Leis") (46 a.C.) Brutus ("Bruto") (46 a.C.) Orator ("Orador") (45 a.C.) Hortensius (obra sobre filosofia) (45 a.C.) Consolatio (sobre o luto e a consolación) (45 a.C.) Academica ("Sobre o escepticismo académico") (45 a.C.) De Finibus Bonorum et Malorum ("Sobre a finalidade do Ben e do Mal" ou "Sobre a Finalidade Moral", libro sobre ética) (45 a.C.) Tusculanae Quaestiones ("Discusións Tusculanas") (45 a.C.) De Natura Deorum ("Sobre a Natureza dos Deuses") (44 a.C.) Topica ("Tópicos") (44 a.C.) De Divinatione ("Sobre a Adivinación") (44 a.C.) De Fato ("Sobre o Destino") (44 a.C.) De Amicitia ("Sobre a Amizade") (44 a.C.) Cato Maior de Senectute ("Catón, o Vello, Idoso") (44 a.C.) Laelius de Amicitia (44 a.C.) De Gloria ("Sobre a Gloria") (44 a.C.) De Officiis ("Sobre os Deberes")
Cartas As cartas de Cicerón, intercambiadas cun amplo conxunto de figuras públicas e privadas, considéranse unha das fontes de información máis fiables sobre persoas e acontecementos relacionados coa caída da República Romana. Aínda que se conservaron trinta e sete libros de cartas de Cicerón, outros trinta e cinco foron citados en fontes históricas e agora considéranse "perdidos". Entre elas atópanse cartas a César, Pompeio, Octavio e Marco, o seu fillo.
Epistulae ad Atticum ("Cartas a Ático"; 68–43 a.C.) Epistulae ad Brutum ("Cartas a Bruto"; 43 a.C.) Epistulae ad Familiares ("Cartas a Amigos"; 62–43 a.C.) Epistulae ad Quintum Fratrem ("Cartas ao irmán Quinto"; 60/59–54 a.C.)
Notas
Referencias
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Sobre a vellez Sobre a amizade Clásicos en Galego Biblioteca Galega de Clásicos Universais Ligazóns externas Obras de Cicerón en latín, en The Latin Library
Categoría:Personalidades da filosofía do dereito Categoría:Xuristas da Roma Antiga Categoría:Académicos da tradución Categoría:Nados en -106 Categoría:Finados en -43 Categoría:Nados na provincia de Frosinone Categoría:Asasinados Categoría:Cónsules da República romana Categoría:Pompeianos Categoría:Optimates