Iván González Veiras, nado en Noia o 9 de outubro de 1978, é un futbolista galego retirado. Xogaba de dianteiro e o seu último club foi o CD Unión de Asados, da parroquia de Asados, en Rianxo, pertencente á Primeira Galicia. Na actualidade desempeñase como adestrador
Traxectoria Comezou xogando ao baloncesto, pasando logo ao fútbol. Con 19 anos comezou a xogar no CF Noia, en Preferente, onde estivo cinco anos. Na súa última tempada no Noia, a 2001/02, anotou 30 goles, o que provocou que recibira ofertas de varios equipos, decantándose pola SD Negreira. Con ese equipo conseguiu o histórico ascenso á Segunda División B na tempada 2004/05. Xogou 29 partidos en dita categoría ao ano seguinte, anotando cinco goles, pero o equipo acabou descendendo. Ao remate da tempada fichou polo Santa Comba, de Terceira.
Tras tres anos en Santa Comba fichou en 2009 pola SD Compostela de 2ª B, xogando esa tempada case todos os partidos como titular e anotando 12 goles en liga e un na Copa do Rei fronte ao Zamora. Con todo, o equipo quedou último, perdendo a categoría, e Iván González fichou polo CD Lugo adestrado por Quique Setién, que militaba tamén en 2ª B. Na súa primeira tempada en Lugo xogou todos os partidos de liga e marcou 10 goles, quedando o equipo como primeiro clasificado do seu grupo, pero non conseguindo o ascenso ao perder na final da fase de promoción fronte ao Alcoyano. Na segunda tempada o equipo logrou o ascenso tras derrotar na final dos playoffs ao Cádiz.
O 17 de agosto de 2012 anunciouse a súa contratación polo CD Ourense para a tempada 2012–13. Tras esa tempada en Ourense xogou nos seguintes seis anos en oito equipos diferentes de Terceira e Preferente: CD Boiro, Racing Vilalbés, Laracha, Ribadeo, Noia, Negreira, Dumbría e Xallas. Tras anotar 11 goles con este último (catro deles nun mesmo partido), deixou o equipo antes do remate da tempada e fichou polo Fisterra, da Primeira Galicia, co que logrou o ascenso. Na tempada 2019/20 xogou no Unión de Asados, tamén da Primeira Galicia.
Palmarés Lugo Segunda División B (1): 2010/11.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en resultados-futbol.com
Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Noia Categoría:Futbolistas da provincia da Coruña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores da SD Negreira Categoría:Xogadores do Santa Comba FC Categoría:Xogadores da SD Compostela Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do CD Ourense Categoría:Xogadores do CD Boiro Categoría:Xogadores do Racing Vilalbés Categoría:Xogadores do Laracha CF Categoría:Xogadores do Ribadeo FC Categoría:Xogadores do Xallas FC