Georginio Wijnaldum, nado en Rotterdam o 11 de novembro de 1990, é un futbolista neerlandés. Wijnaldum foi un gran talento que saíu á luz da Academia do Feyenoord. Con só 17 anos, e a pesar de non chegar á decena de encontros na Eredivisie, este extremo esquerdo gañouse a titularidade. Actualmente xoga no Paris Saint-Germain FC da Ligue 1 francesa.
Traxectoria Comezou xogando no Sparta, ata que os olladores do Feyenoord fixáronse nel. Tras viaxar a algunhas concentracións co primeiro equipo, debutou na liga en abril de 2010, con 16 anos, nun encontro fronte ó Groningen, dende entón sorprendeu a propios e estraños, pero foi nun dos últimos partidos cando de verdade estase a confirmar como un dos futbolistas con máis proxección do seu país.
Os de De Kuip, conscientes do seu nivel, non tardaron en facerlle un novo contrato, e no verán renovou ata 2010. Nas categorías inferiores holandesas, non disputou ningún gran campionato, pero foi internacional sub-17 e sub-19.
Palmarés Feyenoord Copa dos Países Baixos: 2007–08 PSV Eindhoven Copa dos Países Baixos: 2011–12
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil no sitio oficial do Feyenoord
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Rotterdam Categoría:Futbolistas dos Países Baixos Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Feyenoord Rotterdam Categoría:Xogadores do PSV Eindhoven Categoría:Xogadores do Newcastle United FC Categoría:Xogadores do Liverpool FC Categoría:Xogadores do Paris Saint-Germain FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol dos Países Baixos Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2024