Étienne Gilson, nado en París o 13 de xuño de 1884 e finado en Auxerre o 19 de setembro de 1978, foi un filósofo e medievalista francés.
Traxectoria No College de France foi discípulo de Henri Bergson.
Durante a primeira guerra mundial foi feito prisioneiro en Verdún, situación na que permaneceu varios meses. Recibiu a medalla ao valor (Croix de Guerre).
As súas primeiras investigacións foron sobre René Descartes.
Foi profesor de historia da filosofía na Universidade de Estrasburgo e de filosofía medieval na Universidade de París. Durante tres anos deu clases en Harvard. Fundou o Instituto de Estudos Medievais de Toronto e dirixiu o Instituto científico franco-canadense. Foi membro da Academia francesa dende 1941.
A súa correspondencia con Henri de Lubac foi publicada.
Pensamento Gilson defende a metafísica e un concepto de home aberto á transcendencia. Para el a idea de verdade é unha meta irrenunciable; segundo as súas concepcións o nihilismo ou o relativismo ameazan con destruír a dignidade do ser humano e non achegan fundamentos sólidos para o seu respecto.
Obras Études de philosophie mediévale, 1921 La philosophie au moyen-âge, 1922 L'esprit de la philosophie médiévale, 1932 Les Idées et les Lettres, 1932 The Unity of philosophical experience, 1937 L'être et l'essence, 1948 Peinture et Réalité, 1958 Linguistique et Philosophie, 1969 L'athéisme difficile, 1979
Categoría:Filósofos de Francia Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Profesores do Collège de France Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1978 Categoría:Ensaístas Categoría:Escritores de Francia Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Medievalistas Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Católica de América