Alessandro Del Piero, nado en Conegliano (Treviso) o 9 de novembro de 1974, é un futbolista italiano. Xoga de dianteiro e o seu equipo actual é o Sydney da A-League.

Adoitaba xogar como segundo dianteiro, na posición coñecida en Italia como Trequartista. No ano 2000, foi recoñecido como o futbolista mellor pagado do mundo. No 2004 foi incluído na lista de Futbolistas FIFA 100. Posúe o récord de máis encontros disputados e máis goles anotados coa Juventus FC. En 2008 foi o futbolista italiano mellor pagado.

Traxectoria Inicios Alessandro Del Piero é fillo de Gino, un electricista, e Bruna, unha ama de chaves. Ten dous irmáns, o maior Stefano, foi futbolista profesional durante un breve tempo para a Sampdoria, pero sufriu unha grave lesión e tivo que retirarse do fútbol; e unha irmá máis nova chamada Beatrice. Pasou toda a súa infancia na casa da súa familia en San Vendemiano, Provincia de Treviso. Practicaba fútbol no patio traseiro da súa casa con tres amigos Nelso, Pierpaolo, e Giovanni Paolo, e soñaba con converterse en futbolista.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados na provincia de Treviso Categoría:Nados en 1974 Categoría:Futbolistas de Italia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Juventus FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Italia Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial