Branca Vilela Fernández, nada na Coruña o 6 de agosto de 1964, é unha poeta galega.

Traxectoria

Escritora dende moi nova, gañou algúns premios literarios. O seu primeiro poemario Anclas varadas en la memoria (en castelán) apareceu en 2004. Co poemario A faciana das augas (2005) participou nun estudo da Universidade de Dakota do Norte e recibiu a mención de honra ao mellor poemario escrito en lingua romance o que a levou a facer unha xira por diferentes estados dos Estados Unidos. En 2008 foi finalista do II Premio Internacional Rubén Darío co libro Préstame tu voz. Premio Escriduende o conxunto da súa obra (2016). É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega, socia fundadora do Pen Club España e pertence a comisión de mulleres escritoras do Pen Club Internacional. Foi codirectora das Xornadas Literarias: Fisterra Patrimonio Cultural Europeo, I Encontro Cabana de Bergantiños, I Encontro e organizadora do I Recital Poético Solidario.

Obra en galego Poesía A faciana das augas, 2005, Toxosoutos. Déixame a túa voz, 2008. Edición bilingüe galego-castelán. Editorial Sial A forza do poema, 2012, Lastura. No silencio dos lapis, 2017, Pigmalión Edypro. Adeus espido do mar, 2019, Trifolium. Pesadelo da creación, 2022, Medulia.

Narrativa

Ultreia no Camiño Inglés. A misión do Ara Solis, 2025. Edición bilingüe galego-castelán. Editorial Pigmalión.

Obras colectivas Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones. Edición bilingüe galego-castelán. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). La voz y la escritura. Sial. Guía viva de heterodoxos. Sial. La primera vez que perdí el alma, encontré el sexo. Sial.

Obra en castelán Poesía Anclas varadas en la memoria, 2004, Sial. Me diste la tierra, 2013. Sial Pygmalion. Costa da Morte, Territorio Literario (Antología), 2017, Pigmalión Edypro.Edición bilingüe castelán-galego. Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1964 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes