Carmen Mancebo López, nada na Coruña o 1 de agosto de 1969, é unha poeta e tradutora galega.
Traxectoria Licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela en 1992. Como poeta publicou en 1995 o libro Na hora redonda e participou en publicacións colectivas e recitais poéticos. Traduciu guións de cine e poesía inglesa, irlandesa e estadounidense para revistas e medios electrónicos. Como editora, é socia fundadora de Amigos de Azertyuiop (1995) xunto a Alfredo Ferreiro, Dulce Fernández Graña e François Davo. Foi directora comercial da editorial Galaxia desde 2021 ata o seu despedimento en setembro de 2022.
Obra Poesía Na hora redonda, 1995, Cadernos de Azertyuiop. Mundo maquinábel, 2013, Sermos Galiza, libro electrónico.
Obras colectivas Sete Poetas, 1995. Con Pedro Casteleiro, François Davo, Alfredo Ferreiro, Mário Herrero, José António Lozano e Luís Maçãs. A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium. Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas. Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Blog da autora sobre o libro e a literatura dixitais
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1969 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela