thumb|300px|Mapa do mundo no 323 aC (á morte de Alexandre o Grande) miniatura|300px|dereita|Península Italica no século IV a. C. Acontecementos Guerras e política Grecia 404 - 371 a. C.: Hexemonía de Esparta. 371 - 362 a. C.: Hexemonía de Tebas. Macedonia conquista Grecia e o Imperio aqueménida, nos reinados sucesivos de Filipo (359 - 336 a. C. e Alexandre o Grande (336 - 323 a. C.). 331 a. C.: Alexandre o Grande funda Alexandría en Exipto.
República romana Guerras samnitas (343 - 291 a. C.).
Península Ibérica 400 - 350 a. C.: Na Península Ibérica, configuráronse as etnias que despois coñerían os romanos.Páx. 145 de De Argantonio a los romanos, "Historia de España 2", Historia 16, Temas de hoy, 1995, ISBN 84-7679-275-1 (obra completa). 400 - 200 a. C.: Recintos fortificados na Bética (Turris Hannibalis).A. Moure Romanillo e outros: Manual de Historia de España, "1. Prehistoria. Hª Antigua", páx. 574, Historia 16, 1991, ISBN 84-7679-193-3. O Pobo ibero dos bastetanos funda a cidade de Basti, hoxe Baza, en Granada (Andalucía). Téñense noticias do poboamento ibero ou tarteso chamado Mastia, despois refundado por Asdrúbal como Qart Hadasht actual Cartagena.
Exipto 398 - 378 a. C. - Dinastía XXIX de Exipto. 378 - 341 a. C. - Dinastía XXX de Exipto. 341 - 332 a. C. - Dinastía XXXI de Exipto. Asia Na India ascenden os Maurya.
Cultura
Fixación do calendario babilónico. En Mesoamérica desenvólvese a escritura zapoteca. Posta etrusca de Volterra. Na Antiga Grecia, desenvolven a súa obra os escultores Escopas, Praxíteles e Lisipo, así como o pintor Apeles. Morte de Sócrates no ano 399 a. C. Platón funda a Academia de Atenas (380 a. C.). Demóstenes pronuncia as súas Filípicas contra Filipo II de Macedonia (351 - 340 a. C.). Aristóteles funda o Liceo (336 a. C.).
Personaxes Alexandre o Grande (356 a. C. - 323 a. C.): Rei de Macedonia e conquistador do Imperio Persa. Apeles (352 a. C. - 308 a. C.): Pintor grego. Aristóteles (384 a. C. - 322 a. C.): Filósofo grego. Casandro de Macedonia (350 a. C. - 295 a. C.): Rei de Macedonia tras asasinar a dona e fillo de Alexandre. Chandragupta Maurya (340 a. C. -): Fundador da dinastía Maurya. Darío III (380 a. C. - 330 a. C.): Último rei do Imperio Persa e da dinastía Aqueménida. Demóstenes (384 a. C. - 322 a. C.): Orador e político ateniense. Dióxenes de Sinope (412 a. C. - 323 a. C.): Filósofo grego. Euclides (325 a. C. - 265 a. C.): Matemático e xeómetra grego. Filipo II de Macedonia (382 a. C. - 336 a. C.): Rei de Macedonia e pai de Alexandre o Grande. Lisipo (370 a. C. - 318 a. C.): Escultor grego. Olimpia de Epiro (375 a. C. - 315 a. C.): Dona de Filipo II de Macedonia e nai de Alexandre o Grande. Platón (428/427 a. C. - 327 a. C.): Filósofo grego. Tolomeo I Sóter (367 a. C. - 283 a. C.): Faraón exipcio e fundador da dinastía tolemaica.
Notas
Categoría:Século -IV