Alberto Suárez Figueiras, nado en Montevideo o 16 de xullo de 1956, é un informático, profesor e escritor galego, coñecido polo pseudónimo literario de Alberte Suras.
Traxectoria Fillo de emigrantes galegos da bisbarra de Bergantiños (Malpica e Ponteceso). Con catro anos e medio regresou dende Montevideo a Vigo, na compaña dos seus pais emigrados en Uruguai. En 1976 conseguiu o Carné Profesional da Radio, e graduouse en Informática na CTE de Madrid en 1977 e e na Escola Informática da Coruña en 1982, con cualificación de Sobresaliente e mellor expediente académico. Asemade conseguiu por oposición por dúas veces, obtendo o número 1, a praza de Programador de Aplicacións no Centro de Cálculo da Deputación da Coruña (1982, 1985) onde traballou entre 1982 e 1988. Desenvolveu diferentes proxectos de innovación na multinacional NCR (1982-83). En 1988 consegue por oposición a praza de profesor de informática de EMI, obtendo o número 1 e mellor nota a nivel nacional. Asemade foi profesor numerario de sistemas informáticos (1988-2016) en Vigo, Lugo e A Coruña, onde se xubilou no ano 2016. As súas áreas de I+D+i foron a programación, algoritmética e Sistemas operativos.
No campo literario o seu contacto e amizade con Celso Emilio Ferreiro e Manuel María marcou o seu sentimento poético. Ten colaborado con artigos e entrevistas en xornais como La Voz de Galicia, El Progreso, Atlántico Diario, Faro de Vigo, A Nosa Terra e Sermos Galiza. Ten realizado numerosas actividades literarias e poético-musicais como director de RadioTV Wirtz dende o ano 2011 ao 2015 (Mil versos para Celso Emilio, O meu primeiro Celso Emilio cun cartafol de soños, Miro Casabella o noso cantor ou Quintas-Canella o noso trobeiro). É membro dende 1992 da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Investigación/Proxectos
Informatización xeral castrense 1RM, 1979-1980, CRI Madrid. Deseño e implantación dun Soft Treatment of Text nun COCC, 1982, NCR. SXI dunha empresa automobilística, 1982, NCR. Investigación operativa sobre a carie na provincia da Coruña, 1983, NCR. Desenvolvemento informático da Contabilidade Orzamentaria, 1984, Deputación da Coruña. Informatización da Biblioteca Provincial, 1984, Deputación da Coruña. Tratamento automático da Tesouraría, 1985, Deputación da Coruña. Desenvolvemento mediante Java/Javascript dunha Web escolar, 2001, EMI Wirtz. Procura avanzada de fondos bibliográficos, 2006, EMI Wirtz. Deseño e implantación mediante Java dunha RadioTV, 2011, EMI Wirtz. Experimentos e Matrices, 2015, Arte Imagen. A luz infinda, 2022, Concello de Malpica de Bergantiños.
Obras Poesía Latexos do vento, 1992, Ediciós do Castro. Man ergueita sobre meixela dourada, 2008, Universidade da Coruña. Olladas dun intre de amor, 2009, Toxosoutos. hABIa vinte e tres xeitos de dicir o teu nome, 2011, A.C. Alexandre Bóveda.
Teatro Vaiche boa lúa polo carreiro da illa, 2010.
Educación Contos e flores, 2008, AELG (Unidade Didáctica). A roseira dunha pega rabilonga, 2008, AELG (Unidade Didáctica).
Edición/coordinación Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario, 2012, A.C. Alexandre Bóveda. Dorna arelante no neboeiro - Pechu Naveiras, 2024, Medulia.
Investigación Palabras con Memoria, 2008, AELG.
Obras colectivas A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium. Perspectivas sobre Bóveda, 2011, A.C. Alexandre Bóveda. Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, AELG (libro electrónico). Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario, 2012, A.C. Alexandre Bóveda. Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos. Manuel María. Libro colectivo de homenaxe, 2017, Deputación de Lugo. Antoloxía de Dombate, 2019, Deputación da Coruña.
Cine/RadioTV Climax, Francisco Lara Polop (Madrid, 1977). 40 Principales, Cadena Ser (Madrid, 1977, con Joaquín Luqui e Antonio Bravo). Cerebro, Disco Music (Madrid, 1976-1978). Vuelo Musical, Radio Juventud (A Coruña, 1980). Over the hills and far away, RadioTV Wirtz (A Coruña, 2011-2015). Top 100 Wirtz, RadioTV Wirtz (A Coruña, 2011-2015). Mil versos para Celso Emilio, RadioTV Wirtz (A Coruña, 2012-2013).
Premios
Premio Poesía Concello de Malpica no 1980, por Latexos do vento. Finalista Premio Esquío de poesía no 1992. Medalla Eduardo Pondal no 1992. Premio Nacional Webescolas-Iespana no 2001. Finalista Premio Poesía Illas Sisargas no 2007, por Olladas dun intre de amor. Premio Eminens RadioTV Wirtz no 2012.
Notas
Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados na diáspora galega