The American Analog Set (ás veces referida como AmAnSet) foi unha banda de indie rock estadounidense porcedente de Austin, Texas formada no ano 1995. Ata a data leva editados seis álbums de estudio.
Historia Formada en 1995, o primeiro son da banda estaba moi influenciado polo krautrock, o post-rock e por bandas británicas de shoegaze como Cocteau Twins, e adoitaba a ter longas pasaxes instrumentais. Co paso do tempo os seus temas foron acurtándose e pasaron a ter unha sonoridade máis pop.
O grupo está liderado polo vocalista, compositor e compositor Andrew Kenny. Outros membros que están ou pasaron pola banda son Lee Gillespie, Mark Smith, Craig McCaffrey, Tom Hoff, Lisa Roschmann e Sean Ripple. Lisa Roschmann, unha das fundadoras, deixou o grupo a finais de 1999; Hoff e Ripple uníronse a principios do ano 2000 e McCaffery substituíu a Hoff no 2003.
En outubro do 2005 falouse a través de Internet da posibilidade da disolución de The American Analog Set. A banda rapidamente respondeu a eses rumores, pero engadiron que non realizarían concertos debido ás súas obrigas con outros proxectos.
O seu derradeiro álbum, Set Free (2005), foi editado en América do Norte polo selo canadense Arts & Crafts.
O tema "Gone to Earth" do seu álbum Know by Heart apareceu na banda sonora da película romántica de 2009 The Time Traveler's Wife.
Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo The Fun of Watching Fireworks 1996 Emperor Jones From Our Living Room to Yours 1997 Emperor Jones The Golden Band 1999 Emperor Jones Know by Heart 2001 Tiger Style Promise of Love 2003 Tiger Style Set Free 2005 Arts & Crafts For Forever 2023 Hometown Fantasy
EPs Late One Sunday & The Following Morning (1997, Darla Records) Updates (2002, Tiger Style) (remesturas) Songs Of Hurt And Healing (2005, Tylenol/Ouch!)) (compartido con White Magic; 3 temas cada banda) Everything Ends In Spring (2005)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de slowcore Categoría:Grupos musicais de post-rock Categoría:Grupos musicais de krautrock Categoría:Grupos musicais de Austin, Texas Categoría:Grupos musicais formados en 1995