Este artigo é sobre a rexión da Anatolia. Para o conxunto de illas ao oeste de Grecia, ver Illas Xónicas.

Xonia (grego antigo: Ἰωνία, latín: Ionia; xentilicio Ἴων i Ἰωνικός) foi unha rexión na Asia Menor correspondente á costa suroeste de Anatolia, na actual Turquía. Fica entre as cidades de Mileto e Focia e está bañada polo mar Exeo (e non polo mar Xónico, como se podería pensar).

miniatura|Mapa de Xonia e as súas cidades. Segundo a tradición da Grecia antiga, as cidades da Xonia foron fundadas por inmigrantes dóricos. Había doce cidades que se proclamaban xónicas:

Samos, Quíos, Mileto, Éfeso, Colofón, Miúnte, Priene, Lébedos, Teos, Clazómenas, Eritras e Focia.

Posteriormente, caro o 700 a. C., Esmirna que até ese momento pertencera á área eolia, pasou a formar a décimo terceira cidade xónica.

Na Grecia antiga foi a rexión de orixe dun grupo de pensadores coñecidos como presocráticos.

A Xonia é a rexión onde ficaba a cidade de Troia, e tamén onde a tradición afirma que foi o lugar de nacemento de Homero.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Dorios Eolios Aqueos República de Xonia

Categoría:Asia Menor Categoría:Imperio Aqueménida Categoría:Grecia antiga