María Teresa Seara Domínguez, nacida en Toén en 1968, é unha crítica literaria galega.
Traxectoria Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa, é actualmente profesora de ensino secundario. Artigos e recensións da súa autoría aparecen periodicamente en A Nosa Terra, Anuario de Estudos Literarios Galegos, Grial, Festa da Palabra Silenciada, Dorna e Boletín Galego de Literatura. Preparou tamén a introdución e selección de autores para un especial sobre poesía galega da revista virtual Enfocarte.com. Ten feito prólogos para obras de Yolanda Castaño, Marta Dacosta, Miguel Anxo Fernán-Vello, Manuel Álvarez Torneiro, Xavier Frías Conde e Rafa Villar. Traduciu poemas de Salvador García-Bodaño, Xulio Valcárcel e Manuel María.
Obras Edicións Astro interior. Escolma poética 1984-2007, de Miguel Anxo Fernán-Vello, 2007, PEN Clube de Galicia. Antón Losada Diéguez (1884-1929), 2010, La Voz de Galicia. Castelao (1886-1950), 2010, La Voz de Galicia. Eduardo Pondal (1835-1917), 2010, La Voz de Galicia. Luís Amado Carballo (1901-1927), 2010, La Voz de Galicia.
Obras colectivas Para saír do século, 1997, Xerais, coeditora con Luciano Rodríguez Gómez. Bestiario, 1998, Edicións do Dragón. Diccionario da literatura galega. III. Obras, 2000, Galaxia. Do máis fondo do silencio saen voces, 2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña. Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello, 2011, Laiovento.
Traducións Golpear de sombras'', de Francisco Xosé Fernández Naval, 2011, Huerga y Fierro, edición bilingüe.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Críticos literarios de Galicia Categoría:Nados en Toén Categoría:Nados en 1968 Categoría:Profesores de educación secundaria