Xaime Manuel Requeixo Souto, nado en Lugo o 28 de outubro de 1969, é un avogado e escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Filoloxía Hispánica (1992) e en Dereito (1997) pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor Europeo en Dereito Civil pola Universidade de Boloña (2002). Exerceu a avogacía por conta propia e allea, foi profesor de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e investigador do Departamento de Dereito Común da USC e logo pasou a dar clases na Universidade Internacional da Rioxa.

Presentouse en varias eleccións nas listas de Converxencia 21 e nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 encabezou a lista do partido pola CoruñaRESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2016 pola que se fan públicas as candidaturas presentadas nas xuntas electorais provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra para as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016.. Dende abril de 2018 ata novembro de 2022 foi o secretario xeral desa formación"Nova Executiva Nacional" . Converxencia 21. Obra en galego Ensaio A xerarquización, 2006, Alvarellos.

Obra en italiano Ensaio Il dovere di informazione del chirurgo estetico nel diritto italiano, 2005, Unidixital, Santiago.

Obra en castelán Obras colectivas Derecho y responsabilidad civil gerontológica, 2007, editorial Mayán, Santiago. Notas

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1969 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Boloña