José Manuel Santos Maneiro, nado en Antes (Mazaricos) o 30 de marzo de 1959, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria É enxeñeiro técnico agrícola, era Xefe de explotacións no Servizo de Extensión Agraria de Santa Comba antes de dar o salto á política local. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Mazaricos e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta. No ano 2000 ocupou a presidencia da asociación para o desenvolvemento comarcal Neria. Foi deputado provincial na Deputación da Coruña de 2007 a 2011. O 31 de xaneiro de 2011 foi detido por corrupción na Operación Orquesta. Non se presentou á reelección nas municipais de 2015. Na actualidade é xefe territorial da Consellería do Medio Rural.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Mazaricos

Ligazóns externas

Categoría:Alcaldes de Mazaricos Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en Mazaricos Categoría:Nados en 1959 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes