Ramón Ramiro Vigo Sambade, nado en Cee o 27 de abril de 1964 e finado no mesmo concello o 26 de setembro de 2026, foi un médico e político galego, que foi alcalde de Cee durante case unha década.

Traxectoria Médico de profesión, é especialista en Medicina do Traballo. Exerceu como inspector médico na Xunta e na Seguridade Social. Traballou como médico titular no departamento de Xeriatría da residencia viguesa do Meixoeiro.

Actividade política Fundou en 1995 a agrupación Independentes por Cee (IxCee). Entre 1995 e 1999 formou parte do goberno local de Cee grazas a un pacto co PSdeG, que abandonou pouco antes das eleccións municipais. En 2001 asinou unha moción de censura co PPdeG que desbancou aos socialistas da alcaldía. Accedeu á alcaldía de Cee nas municipais de 2007 grazas a un pacto co PSdeG. Foi o presidente da asociación para o desenvolvemento comarcal Neria.

O 31 de xaneiro de 2011 foi detido na Operación Orquestra, resultando imputado de supostos delitos de prevaricación, suborno, tráfico e malversación, e quedando en liberdade con cargos tras pagar a fianza decretada polo xuíz. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde como cabeza de lista da candidatura máis votada. Cesou como alcalde o 1 de marzo de 2012 como consecuencia dunha moción de censura presentada polo PPdeG e o BNG.

No ano 2015, nas eleccións municipais, conseguiu recupera-la alcaldía do concello ao se-la lista máis votada. Nas eleccións municipais de 2019 quedou como terceira forza política, polo que a alcaldía foi para Margarita Lamela Louzán do PSdeGConcello de Cee na FEGAMP. O 31 de agosto de 2022 presentou a súa dimisión como concelleiro e anunciou o abandono da política. Obras Una sinfonía desafinada, 2025. Vida persoal

Casou con Pilar Iglesias e foi pai de dous fillos. Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cee

Ligazóns externas Ficha en galegos.info Perfil en El Correo Gallego

Categoría:Alcaldes de Cee Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Nados en Cee Categoría:Nados en 1964 Categoría:Finados en 2026 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes