Baltimore é unha cidade do estado de Maryland, Estados Unidos. En 2007 tiña unha poboación de 637 455 habitantes. Debe o seu nome a Cæcilius Calvert, 2º Barón Baltimore. A cidade forma parte da área metropolitana Baltimore-Washington. O porto de Baltimore é un dos máis importantes da costa leste americana.
Historia esquerda|miniatura|Faro de Baltimore Durante o século XVII fundáronse varias localidades co nome de Baltimore no norte da baía de Chesapeake. A actual localización data de 1729, Baltimore medrou rapidamente durante mediados do século XIX como o graneiro do azucre que se producía nas colonias do Caribe. Durante a guerra de 1812 os británicos atacaron Fort McHenry, situado no porto de Baltimore, con ese motivo escribiuse o poema co texto que logo se convertería no texto do himno norteamericano, The Star-Spangled Banner. En 1851 deuselle o título de cidade independente, polo que non pertence a ningún condado. O 7 de febreiro de 1904 o lume destruíu 1 500 edificios.
Xeografía Baltimore está no centro norte do estado de Maryland, á beira do río Patapsco preto da súa desembocadura na baía de Chesapeake. A cidade localízase nunha discordancia entre a chaira de Piedmont e a chaira costeira do Atlántico, que divide Baltimore na "cidade baixa" e na "cidade alta", nun rango que vai do nivel do mar ata os 480 m no nordeste nas proximidades de Pimlico.
Segundo o censo de 2010, a cidade ten unha superficie total de 239 km 2, 210 de terra e 29 de auga.
Baltimore está case completamente rodeada polo condado de Baltimore, tan só polo sur limita co condado Anne Arundel.
Irmandamentos Alexandría Ashkelon Cádiz Gbarnga Xénova Kawasaki Luxor Odesa Pireu Rotterdam Xiamen
Véxase tamén
Outros artigos
Baltimore Orioles Baltimore Ravens Tesouro de Baltimore
700px|centro|miniatura|Imaxe da baía e o porto de Baltimore.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina Oficial de Baltimore
Categoría:Baltimore