Xoán Neira López, nado en Meilán, Lugo o 4 de febreiro de 1953, é un escritor galego.

Traxectoria Mestre xubilado en Viveiro, onde vive desde 1982. É membro fundador do Seminario de Estudos Terra de Viveiro co que participa en publicacións colectivas e outras actividades, colaborador das páxinas de El Progreso-A Mariña.

Foi premiado en distintos certames de poesía: Meigas e Trasgos do Concello de Vilalba (en tres ocasións), Rosalía de Castro de Barcelona, e nos de xornalismo Manuel Reimóndez Portela (A Estrada) e Begonte e o Nadal, tamén en tres ocasións.

Obras Poesía Memoria e soño (1996). Edición do autor. Nas varandas do abrente (2000). Edición do autor. Ás catro augas (2004). Fundación Manuel María. Máxica lúa (2023). A Coruña: Medulia. Ilustracións de Lucía Barrios. Outras linguaxes (2024). A Coruña: Medulia Ed. 96 páxs. ISBN 978-84-10324-27-5.

Literatura infanto-xuvenil Recreos (1997). Baía Edicións, poesía. Xiz de cor (2004). Baía Edicións, poesía. Farrapos de nube (2007). Baía Edicións, poesía. No cubil da lúa (2009). Baía Edicións, poesía. Un niño no xardín (2012). Xerais, poesía. Chafarís (2017). Embora, poesía. Gaiola aberta. Escolma de poesía infantil (1997-2017) (2018). Baía Edicións, poesía. Edición de Armando Requeixo.

Obras colectivas Coroa literaria para Roberto Blanco Torres contra a súa morte. Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo, 2003. Negra sombra. Intervención contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Uxío Novoneyra. A emoción da Terra, 2004, AELG. Escrita Contemporánea, Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, AELG. Linguaxes, 2005, edición do autor. A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Xoán Neira López, na web da AELG.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1953