O peixe de Babel é unha especie ficticia aparecida na Guía do autostopista galáctico, creada por Douglas Adams.
Características É unha especie de peixe amarelado, que entra en simbiose cun individuo, ao ser introducido no oído deste. Aliméntase das ondas cerebrais das persoas que rodean ao seu hóspede, e excreta cara ao seu portador unha matriz telepática formada pola combinación de frecuencias conscientes do pensamento con sinais nerviosos tomados dos centros lingüísticos do cerebro do que os creou. É dicir, traduce todo o que digan ao redor dunha persoa á linguaxe desta.
Véxase tamén Ligazóns externas Tradución automática
Categoría:Personaxes de ficción Categoría:Guía do autostopista galáctico