O vatu é a moeda oficial de Vanuatu e é emitida polo Reserve Bank of Vanuatu (Banco de Reserva de Vanuatu). O seu código ISO 4217 é VUV e abréviase Vt. O vatu non conta nin contou nunca con subdivisión algunha debido ao baixo valor da moeda, deseñada á par do franco CFP empregado en Nova Caledonia e a Polinesia Francesa. O seu valor é flotante.
Etimoloxía O nome da moeda significa "pedra" en varias das linguas do arquipélago, xa que antígamente as pedras eran un elemente importante da sociedade: símbolo de continuidade e permanencia, e mesmo pensábase que algunhas tiñan propiedades máxicas.
Historia O vatu foi introducido logo da independencia do país en 1982 para substituír o Franco das Novas Hébridas e ao Dólar australiano. Foi deseñado á par do franco CFP empregado en Nova Caledonia e a Polinesia Francesa.
Véxase tamén Ligazóns externas Reserve Bank of Vanuatu
Vanuatu