Rafael Guerra Bejarano, nado en Córdoba o 6 de marzo de 1862 e finado na mesma cidade o 21 de febreiro de 1941, foi un toureiro andaluz. Foi tamén coñecido como Guerrita e Llaverito.

Traxectoria Tomou a alternativa en Madrid o 29 de setembro de 1887, sendo o seu padriño Lagartijo. Mantivo unha gran rivalidade con Frascuelo e Lagartijo durante a súa carreira como toureiro. Retirouse o 15 de outubro de 1899 na praza de Zaragoza. É considerado como un dos Califas do Toureo.

Véxase tamén Ligazóns externas Guerrita en Portal Taurino

Categoría:Toureiros de España Categoría:Nados en Córdoba Categoría:Nados en 1862 Categoría:Finados en 1941