Afonso Ribas Fraga, nado en Cutián (Cerdedo Cotobade) o 28 de xullo de 1944, é un economista e empresario editorial galego.
Traxectoria Fixo estudos de Ciencias Económicas. Foi director asociado do grupo Unipro-Consultores de Empresas, director da revista de economía Análise Empresarial e director financeiro de Edicións Laiovento. Foi vicepresidente de Promocións Culturais Galegas, a empresa editora d' A Nosa Terra.
Foi cofundador e xerente de Teima e cofundador e conselleiro de Escola Aberta.
Vida persoal Está casado con Salomé Álvarez Blanco, coa que ten catro fillos: Pedro, Alberto, Alfonso e Pablo.
Véxase tamén Ligazóns externas "Se a lingua só se emprega na poesía, non serve" , entrevista en Galicia Hoxe, 26 de febreiro de 2008.
Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Editores de Galicia Categoría:Nados en 1944