A selección de hóckey a patíns masculina de Suíza é o equipo que representa a Suíza nas competicións internacionais de hóckey a patíns en categoría masculina. A pesar de ser a selección que máis veces participou no Campionato de Europa xunto con Inglaterra (47 participacións cada unha), e ter competido nos campionatos non oficiais de 1924 e 1925, disputados en Montreux (Suíza), a selección helvética non conseguiu nunca ningún título continental pese a ter xogado as finais de 1937 na que caeu fronte á gran dominadora durante os primeiros anos da competición, Inglaterra; e unha última final no 2006 na que caeu por 2 goles a 0 fronte á gran dominadora do hóckey europeo e mundial no novo milénio, España. Á parte destas dúas finais, o cadro helvético subíuse catro veces máis ao podio continental ao conseguir catro terceiros postos (1927, 1931, 1934 e 1950). Nos Campionatos do Mundo, tanto no A como no B, o seu mellor resultado foi o subcampionato, conseguindo no 2007 o do Mundial A fronte a España (perdendo por 8 a 1), e dous do Mundial B en 1988 e 1990 logo de perder as finais fronte a Colombia e Brasil respectivamente. Cómpre destacar tamén o terceiro posto logrado polos suízos no Mundial A de 1950.
Equipo Estes foron os xogadores convocados para o Europeo de Wuppertal (Alemaña) de 2010:
NºNOMEPOSICIÓN1Guillaume ObersonPorteiro2Simon Von AllmenDefensa3Jordi OrtolaDefensa 4Ivan RuggieroDefensa5Andreas MungerDefensa6Hanes WegmuellerDianteiro7Pascal KisslingDianteiro8Marzio VaninaDianteiro 9Dominik WirthDianteiro10Daniel DietrichPorteiro
Adestrador: Juan Antonio "Nene" Zabalia Asistente: Franziscio "Kiko" Mata Morales
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial da Fédération Suisse de Rink-Hockey / Schweiz Rollhockey-Verband
Suíza