Eric Cory Hicks, nado o 27 de novembro de 1983 en Greensboro, Carolina do Norte, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou en 2011 para o Club Baloncesto Breogán de Lugo na Liga LEB. Formado na Universidade de Cincinnati, onde case fixo media un dobre-dobre por encontro, cunha altura de 2,00 metros, pode xogar nas posicións de pivote e ala-pivote.

Traxectoria Instituto Hicks fixo medias de 30,7 puntos, 12,3 rebotes e 6,7 tapóns por partido durante o seu ano sénior no instituto James B. Dudley Senior High School. Ese ano bateu o récord de tapóns nun ano (210), ademais de conseguir a marca máis grande de tapóns durante todo a carreira (453). Foi MVP do Derby Classic, liderando ao seu equipo ao campionato con 24 puntos por partido, e gañando o concurso de mates.

Universidade No seu primeiro ano na Universidade de Cincinnati, Hicks fixo medias de 2,5 puntos, 3,6 rebotes e 1,3 tapóns en 13,6 minutos por encontro. Hicks deixa o equipo durante a campaña 2002-03, antes de regresar de novo. Como sophomore mellorou bastante a súa achega, converténdose no segundo máximo reboteador (5,8) e taponador (1,2) do equipo, tendo a mellor marca en porcentaxe de tiros de campo (59,0%). Tamén contribuíu con 7,0 puntos por encontro.

Ao ano seguinte, pese a marcha do adestrador Bob Huggins e mitos xogadores do equipo, Hicks decidiu permaneces nos Bearcats durante o seu ano sénior. No verán de 2005 Hicks participou coa selección estadounidense para o Campionato do Mundo universitario. Durante a tempada 2005-06, no seu último ano universitario, fixo medias de 15 puntos e 9,7 rebotes por encontro, pasando a formar parte do equipo ideal da Big East Conference. Ese ano participou nas ligas de verán da NBA con Miami Heat, e ao ano seguinte con Boston Celtics.

Equipos 15px|border|NCAA Cincinnati Bearcats (2003-2006) 15px|border|Bélxica Base Oostende (2006-2007) 15px|border|Polonia Polpak Świecie (2004-2007) 15px|border|Russia K. K. Samara (2008-2009) 15px|border|Bélxica Base Oostende (2009-2010) 15px|border|Polonia Anwil Włocławek (2010) 15px|border|LEB Breogán Lugo (2011)

Véxase tamén Ligazóns externas Vídeo cos mellores momentos de Eric Hicks Perfil en brezopro.com

Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Greensboro, Carolina do Norte Categoría:Nados en 1983