Ramón Cueto Noval, coñecido como Ramón del CuetoGalicia Industrial y Comercial, 23, febreiro de 1928, p. 12., nado en Asturias en 1858 e finado na Coruña o 27 de febreiro de 1928El Orzán, 28-2-1928, p. 2., foi un enxeñeiro de minas e xornalista vinculado a Galiza.

Traxectoria miniatura|Tumba de Ramón del Cueto no cemiterio de Santo Amaro da Coruña Pertencía ao Corpo de Enxeñeiros de Minas. Foi nomeado xefe do distrito mineiro da Coruña e Lugo, pasando a vivir na Coruña, onde fundou o Boletín de la Cámara Minera, colaborou en La Voz de Galicia, El Ideal Gallego e América-Galicia e dirixiu tamén a revista Galicia Industrial y Comercial. Foi vicepresidente do Sindicato Cámara Agrícola da Coruña, tenente de alcalde do Concello da Coruña e membro do Consejo Provincial de Fomento.

Obra La minería en Galicia; A Coruña, 1910, con Antonio de Irimo. Historia, situación actual y solución para su desarrollo; A Coruña, 1919. Impresiones sobre la minería en Galicia; A Coruña, 1922. Minería en generalidades de la geografía de Galicia; Barcelona, s.d. Distincións

Foi nomeado fillo adoptivo de Ribadeo polos seus estudos e xestións e favor da minería do concello.

Cruz de Afonso XII.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Enxeñeiros forestais Categoría:Nados en Asturias Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Finados en 1928 Categoría:Personalidades sen imaxes