Elena María Isabel Dominica de Silos de Borbón y Grecia, nada en Madrid o 20 de decembro de 1963, é a infanta de España e duquesa de Lugo, é a filla máis vella dos reis de España, Xoán Carlos I e Sofía, e irmá do rei Filipe VI. É a terceira na liña de sucesión despois das súas sobriñas Lionor de Borbón e Sofía de Borbón.

Traxectoria

É licenciada en maxisterio infantil con especialización en inglés pero non exerce. É presidenta de honor do Comité Paralímico EspañolA Infanta Elena despide á delegación paralímpica na súa partida cara Pequín asistindo aos Xogos Paralímpicos de Barcelona, Atlanta ou Sidney. É unha gran afeccionada á equitación e aos deportes de inverno, que practica habitualmente.

En 1995 casou na catedral de Sevilla con Jaime de Marichalar, recibindo do seu pai o título de duquesa de LugoReal Decreto de 3 de marzo de 1995, polo que se concede, con carácter vitalicio, a facultade de usar o título de Duquesa de Lugo á Súa Alteza Real a Infanta Dona Elena (BOE nº 54, de 4-3-1995, páxina 7477). . Ten dous fillos: Felipe Juan Froilán de Todos los Santos, Grande de España (que recibiu o nome de Froilán polo santo lugués), e Victoria Federica de Todos los Santos, Grande de España. O 13 de novembro de 2007, a Casa Real anunciou a "suspensión temporal da súa convivencia matrimonial" co Duque de Lugo.A infanta Elena sepárase.

A infanta Elena comprou en 2007 Global Cinoscéfalos, unha sociedade limitada por un capital de 3.600 €, o seu obxectivo era de tipo social e dedicábase ao asesoramento en materia económica. En xullo de 2008 a Casa Real anunciou que a infanta tiña un contrato coa Fundación MAPFRE e que sería a encargada de dirixir a área de acción social.

Ascendencia </center>

Notas

Véxase tamén Outros artigos Familia real española

Categoría:Familia real española Categoría:Infantes de España Categoría:Duques de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1963