dereita|miniatura|Necrolóxica en La Voz de Galicia. Sergio Iglesias Pazos, nado en Vila de Cruces cara a 1929 e finado en Chapa (Silleda) o 16 de maio de 1990, foi un político galego, alcalde de Vila de Cruces.
Traxectoria Logo do falecemento do alcalde José Luis Castelo González foi proclamado alcalde de Vila de Cruces ao ser o único candidato en xaneiro de 1976.El Pueblo Gallego, 16-1-1976, p. 2. Nas primeiras eleccións democráticas presentouse encabezando a lista de UCD, obtendo trece escanos e a maioría absoluta. Nas eleccións de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Independientes de Galicia (CIG) obtendo de novo a alcaldía por maioría absoluta. Nas municipais de 1987, nas que se presentou polo Alianza Popular, volveu revalidar a alcaldía por maioría absoluta.
Finou en Chapa nun accidente de tráfico o 16 de maio de 1990 con 60 anos. Tras o seu falecemento asumiu a alcaldía o seu compañeiro Jesús Otero Varela.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Vila de Cruces
Categoría:Alcaldes de Vila de Cruces Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Vila de Cruces Categoría:Finados en 1990 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes