Marvin Harris, nado en Brooklyn o 18 de agosto de 1927 e finado en Gainesville o 25 de outubro de 2001 foi un antropólogo estadounidense, creador do materialismo cultural e coñecido polas súas obras de divulgación da antropoloxía.

Traxectoria Foi profesor de departamento de antropoloxía da Universidade de Columbia, en 1981 trasladouse á Universidade de Florida.

Marvin Harris é creador da estratexia de investigación coñecida como materialismo cultural. No seu traballo baseouse en gran medida nas teorías de Thomas Malthus e Karl Marx, combinando as ideas de Malthus sobre a influencia do crecemento da poboación na formación de institucións sociais coas de Marx en torno ao efecto dos medios de produción no mesmo sentido. Considerou estes factores demográficos e produtivos, ao que denominou infraestrutura, como elementos chave na determinación da estrutura social e cultura das sociedades.

Ao longo da súa vida tivo firmes partidarios e críticos implacábeis. É un dos persoeiros da antropoloxía de finais do século XX.

Obras Cows, Pigs, Wars and Witches: The Riddles of Culture, 1975. Cannibals and Kings: The Origins of Cultures, 1977. Cultural Materialism: the Struggle for a Science of Culture, 1979. America Now: The Anthropology of a Changing Culture, 1981 The Sacred Cow and the Abominable Pig, 1985. Food and Evolution: Towards a Theory of Human Food Habits, 1987. Our Kind: who we are, where we came from, where we are going, 1990.

Véxase tamén Ligazóns externas Marvin Harris . Cultural Materialism

Categoría:Antropólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2001