Alva Martínez Teixeiro, nada na Coruña o 8 de xullo de 1982, é unha escritora galega.

Traxectoria Licenciada en Filoloxía Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela no 2005, obtivo o Diploma de Estudos Avanzados na Universidade da Coruña no 2007. Doutora en Filoloxías Galega e Portuguesa no 2010 pola Universidade da Coruña. É profesora de Literatura brasileira na Universidade de Lisboa.

Obras Ensaio Maktub. Da Retórica na Ficção de Raduan Nassar, 2006, Laiovento. A pretensa nostalxia da autoridade (Unha interpretación parcelar de O porco de pé, de Vicente Risco), 2007, Centro Ramón Piñeiro. O herói incómodo: utopia e pessimismo no teatro de Hilda Hilst, 2009, Universidade da Coruña. Nenhum vestígio de impureza, 2013, Laiovento.

Narrativa Nós três somos de Paris, 2009, publicado en Internet (Darandina. Revista Eletrônica).

Obras colectivas Tres merlos brancos, 2008, Espiral Maior, narrativa. Machado de Assis e a mundana comédia. Cinco peças teatrais, 2017, Universidade da Coruña. Con Carlos Paulo Martínez Pereiro.

Traducións Guía práctica de aplicación das redes Wifi á industria, 2005, ensaio. Sinatura electrónica. Guía práctica da sinatura electrónica e a súa aplicabilidade na empresa, 2005, ensaio. Os peregrinos sen fe, de Sérgio Luís de Carvalho, 2007, narrativa.

Premios Gañador do V Premio Centro Ramón Piñeiro de ensaio breve no 2006, por A pretensa nostalxia da autoridade (Unha interpretación parcelar de O porco de pé, de Vicente Risco). Gañadora do XVII Certame Manuel Murguía de narracións breves no 2008, por Un domingo amarelo para dentro. Gañadora do Prêmio de Literatura Brasileira do Itamaraty (Ministério das Relações Exteriores do Brasil) no 2014, por A linha de sombra de uma suspeita lição de zoologia.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Profesores da Universidade de Lisboa Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1982