O Betis Deportivo Balompié é un club de fútbol español da cidade de Sevilla. É o primeiro equipo filial do Real Betis Balompié. Foi fundado en 1962 e xoga no grupo IV da Segunda División B.
Dende 1991 ata 2017, foi coñecido coma Real Betis Balompié B, ata que o club verde-branco decidiu recuperar a denominación que xa tivera de 1976 a 1991.
Uniforme Uniforme titular: Camiseta verde e branca a raias verticais, pantalón branco, medias verdes. Uniforme alternativo: Camiseta verde escuro, pantalón negro e medias verdes escuras.
Estadio O Betis B xoga na Cidade Deportiva Luis del Sol, inaugurada en 1997. O campo principal ten unha capacidade de 3.560 espectadores.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ª B: 24 (incluída a 2017/18) Tempadas en 3ª: 26 Tempadas en Rexional: 4 Mellor posto na liga: 7º (2ª B tempada 1991-92)
Xogadores Cadro 2010/11
Palmarés Torneos nacionais Terceira División de España (5): 1984-85, 1989-90, 1993-94, 2013-14, 2016-17 Subcampión da Terceira División (4): 1983-84, 1986-87, 2001-02, 2006-07
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Real Betis Balompié Betis Deportivo Betis Deportivo