Pablo Moreno de Alborán Ferrándiz,Moreno de Alborán é un único apelido, composto. nado en Málaga o 31 de maio de 1989, e popularmente coñecido como Pablo Alborán, é un cantante español.

Traxectoria De pai malagueño —descendente de Francisco Moreno Fernández, primeiro Marqués de Alborán— e nai francesa, desde moi novo empezou a interesarse pola música e xa aos sete anos comezou a dar clases de piano no Ateneo de Música e Danza de Málaga a cargo de Elena Otieva. Proseguiu os seus estudos de música con clases de guitarra clásica, guitarra flamenca e dous anos de guitarra acústica."Un talento que viene de la Red", en El País, 20 de xuño de 2010 . Os seus estudos seguiron completándose dando clases de canto con María Adela Merchán na súa cidade natal, e lírico con Alain Damas en Madrid.

A partir dos doce anos compón as súas primeiras cancións: 'Amor de Barrio' e 'Desencuentro', que se atopa no seu disco debut. A súa andaina artística empezouna da man dunha familia flamenca que actuaba nun restaurante de Málaga, quen lle bautizaron como "El blanco moreno". É aí onde actúa por primeira vez en solitario.

Finalmente e co paso dos anos, Pablo coñece ao produtor Manuel Illán. Gravou unha maqueta onde incluía unha versión do tema 'Deja de volverme loca' de Diana Navarro. Grazas a Illán esa versión chegou a oídos de Diana, quen mostrou un grande interese polo mozo e converteuse na súa madriña musical.

Pablo, entón, presentou un total de corenta cancións compostas por el para o proceso de selección do que sería o seu primeiro disco. Durante ese proceso Pablo colgou algunha das súas cancións en YouTube para darse a coñecer dunha forma próxima.O cantautor malagueño Pablo Alborán encherá a Sala Galileo de Madrid antes de publicar o seu primeiro disco, en 20 minutos, o 9 de xaneiro de 2011. Deste xeito, foi escoitado por todo tipo de público, incluída a cantante Kelly Rowland quen quedou asombrada coa súa voz.Pablo Alborán debuta acompañado por Diana Navarro e Estrella Morente, en El Mundo, 10 de xuño de 2010.Pablo Alborán: debut de altura, en La Opinión de Málaga, 9 de xuño de 2010. A partir de aí Pablo Alborán apareceu nas redes sociais e o boca á boca converteuse na súa mellor forma de promoción.

A mediados do mes de outubro de 2010 saíu á venda dixital o seu primeiro sinxelo, 'Solamente tú', co que empezou a soar nas radios nacionais. O 1 de febreiro de 2011 saíu á venda o seu primeiro disco, Pablo Alborán; desde a primeira semana lidera as listas de vendas en España,Pablo Alborán e 'Solamente tú', a revelación musical deste 2011 , en Qué!, 6 de febreiro de 2011. converténdose ata en número un en iTunes.

Pablo Alborán comezou a súa primeira xira con banda ao completo o 27 de maio de 2011 en Madrid no Palacio de Vistalegre, e durante os meses seguintes percorreu a maior parte da xeografía española e varios países latinoamericanos, entre eles Arxentina, Chile e México. En novembro dese mesmo ano publicou o seu segundo disco, En acústico, gravado en directo e en acústico coas cancións do seu primeiro álbum, incluíndo ademais dous novos temas e catro bonus track. 'Perdóname' foi o primeiro sinxelo deste traballo, que interpreta a dúo xunto á cantante portuguesa Carminho.

O 9 de decembro de 2011 gañou o seu primeiro premio, o 40 Principales como Artista Revelación dese ano. O malagueño ademais colocou o seu álbum homónimo no número 3 dos máis vendidos en iTunes Store, e o seu sinxelo "Solamente tú" alcanzou o sétimo lugar en vendas no país.

O 27 de decembro foi gañador da VII edición do Disco do Ano de TVE polo seu álbum de debut Pablo Alborán. Na primeira semana de 2012, o seu álbum En acústico é disco de ouro en Portugal e alcanza o primeiro lugar do top de vendas nacional dese país.

Discografía 2011. Pablo Alborán 2011. En acústico 2012. Tanto 2014. Terral 2015. Tour Terral

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial de Pablo Alborán Páxina web de Pablo Alborán na discográfica EMI Music Videoclip do sinxelo "Solamente tú", de Pablo Aborán, en YouTube

Categoría:Cantantes de Andalucía Categoría:Solistas Categoría:Cantautores de Andalucía Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Málaga