Kathleen Nora March (asina como Kathleen N. March), nada en Rochester (Nova York) o 20 de outubro de 1949, é unha filóloga estadounidense. Experta en estudos hispanos, latinoamericanos e portugueses, ten afondado e manifestado o seu interese pola literatura galega.
Traxectoria
É doutora en Español, catedrática emérita da Universidade de Maine e directora do Centro de Estudos Galegos de dita universidade. Segundo ela mesma, a lectura e análise de La hija del mar, de Rosalía de Castro, inspirouna para estudar dende 1988 a converxencia entre a literatura, o feminismo e o nacionalismo galego. As súas traducións de obras de Álvaro Cunqueiro, Ramón Otero Pedrayo e a xa mencionada Rosalía contribuíron á difusión da literatura galega no ámbito anglosaxón.
Na década de 1980 fundou a Galician Studies Association, actualmente coñecida como a Asociación Internacional de Estudos Galegos, da que foi a súa primeira presidenta. Esta entidade revelouse como un importante medio para impulsar os estudos galegos, inicialmente na academia norteamericana e, posteriormente, no ámbito internacional.
March publicou numerosos artigos sobre a literatura feminina galega e latinoamericana. En 2002 doutorouse en Creación Literaria pola Universidade de Maine. En 2015 recibiu o Premio Cultura Galega de Proxección Exterior. En abril de 2021 obtivo a I Bolsa en Residencia Xacobeo para tradutores en lingua galega, convocada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia coa colaboración da Residencia Literaria 1863 da Coruña, proxecto impulsado pola escritora Yolanda Castaño. Nestas instalacións do centro histórico da cidade levou a cabo durante o mes de maio o seu traballo, as traducións ao inglés de Confusión e morte de María Balteira, de Marica Campo, e de Bibliópatas e fobólogos, de Emma Pedreira.
O 17 de decembro de 2022 foi nomeada membro de honra da Real Academia Galega. Tomou posesión como académica de honra o 23 de setembro de 2023 no regreso da institución ao Balneario de Mondariz.
Obra en galego Traducións Sobre o Poder e a Ideoloxía, de Noam Chomsky, 1992, Laiovento.
Obras colectivas Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro, 1986. Polos camiños da literatura: escritores galegos do PEN, 1993, Xunta de Galicia/PEN Clube. No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal, 2015, Alvarellos.
Obra en castelán Ensaio De musa a literata: el feminismo en la obra de Rosalía de Castro, 1991.
Obra en inglés Traducións Festa da Palabra. An Anthology of Contemporany Galician Women Poets, 1988, American University Studies. An Anthology of Galician Short Stories. Así vai o conto, 1991, The Edwin Mellen Press. The World Around Us / Circling (Arredor de si, de Ramón Otero Pedrayo; Peter Lang Press, 1995 / Noitarega, 2007) Folks from here and there (Xentes de aquí e de acolá, de Álvaro Cunqueiro; Small Stations Press, 2011). Tender Tigers (Tigres de ternura, de Claudio Rodríguez Fer; Editorial Toxosoutos, 2012) Rosalía’s Revolution in New York (Revolución rosaliana en Nova York, de Claudio Rodríguez Fer; A Tola Soñando, 2014) Vida persoal
Casou en Buffalo con Luis Martul Tobío o 19 de abril de 1979, é nai de Kimberleigh Adriana Martul-March.Cronoloxía de Kathleen Nora March
Premios
2025: Medalla do Consello da Cultura Galega.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Galicianistas Categoría:Hispanistas Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados no condado de Monroe, Nova York Categoría:Tradutores do galego Categoría:Tradutores ao inglés Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Membros de honra da Real Academia Galega Categoría:Artistas feministas