Perfecto Antonio Estévez García, nado en Ourense o 27 de xullo de 1955 e finado o 5 de maio do 2010 na Coruña, foi un pintor, cartelista e escenógrafo galego.
Traxectoria miniatura|Cuberta dun libro deseñada por Perfecto A. Estévez. Foi xefe do estudio gráfico da axencia de publicidade AHA, director de arte do grupo Córcega e deseñador da editorial Espiral Maior. Colaborou con traballos gráficos coa Universidade da Coruña, numerosos concellos galegos e tamén con distintas editoriais como Baía Edicións, A Nosa Terra ou Edicións Xerais de Galicia.
Colaborou tamén con numerosos carteis a un gran número de movementos culturais e reivindicativos galegos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Felipe Senén (7/5/2010). "Perfecto Estévez: o afiador de estrelas" , Terra e Tempo. Adriana L. Blanco (12/3/2016). "Penso que estamos nunha época mala para a cultura", La Voz de Galicia.
Categoría:Nados en Ourense Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Pintores de Galicia do século XXI Categoría:Nados en 1955 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Ilustradores de Galicia