miniatura|dereita|Escultura adicada á Festa do Boi. A Festa do Boi é unha celebración popular característica da localidade de Allariz (Ourense) e consiste en correr un boi polas rúas allarizás, controlado polos mozos grazas a unha corda atada ós cornos. A festa, que se celebra desde o século XVI, faise coincidir coa fin de semana do Corpus Christi.

Dende entón tódolos anos saía o boi no Corpus, e aínda que durante a Guerra Civil esta celebración foi suspendida, contra o 1983 un grupo de mozos decidiu recuperar a Festa do Boi. Está declarada Festa de interese turístico de Galicia.

Orixes miniatura|dereita|Allariz durante a Festa do Boi.

As orixes desta festa son diversas segundo as fontes. A tradición conta que os xudeus que habitaban na vila adoitaban expresa-lo seu rexeitamento da procesión do Santísimo na festividade do Corpus con chanzas e risas, ás que engadían berros e insultos contra os cristiáns. Para rematar con esa falta de respecto, un tal Xan de Arzúa, fidalgo allarizao relixioso, montou no lombo dun boi e cargou contra os xudeus, á vez que os seus criados os acirraban botando sobre eles cinsa e formigas que levaban nuns sacos, conseguindo así que os xudeus presenciaran reverentemente a procesión.

Outra posible orixe da festa sería a reacción do Xan de Arzúa, agora un cabaleiro que visitaba a vila, contra a prohibición que rexía de que os forasteiros non podían cruza-la vila montados de a cabalo. Cando lle obrigaron a baixar do seu cabalo, subiuse nun boi e cruzou sobre el a vila enteira. En calquera destes dous casos, deixou unha manda para que os veciños repetisen a fazaña tódolos anos, representándoo como un boneco de palla montado nun boi.

Finalmente, unha terceira hipótese disque o tal Xan de Arzúa era como alcumaban os veciños a un boneco de palla que levaban á fronte da procesión e que, rematada esta, corrían polas rúas atado a un boi.

Hoxe, o boneco que imita se-lo Xan de Arzúa pendúrase do balcón da casa do concello para atrae-la atención do boi.

O antropólogo verinense Xesús Taboada Chivite indicaba en 1972: “En Allariz, amáis de danzas de espadas, penlas e outras manifestacións semellantes ás relatadas que estudaron Cid Rumbao e Puga Brau, figuraba Xan de Arzúa, moneco montado enriba dun touro enmaromado que escoltaban repartidores de formigas." Se se trata ou non dun ritual de carácter similar aos de tipo carnavalesco, podémolo inferir, ademais da aparición do motivo ritual do lanzamento de formigas e cinza (ou "fariña mesturada con formigas"), da seguinte información, procedente do mesmo ensaio, Etnografía galega. Cultura espiritual: “En Trasparga (Lugo) o gado vai diante do enterro, emporiso o corrente é soltalo, porque o morto non leve o que é seu […]".

O grupo Leixaprén dedicoulle un álbum á festa en 1990.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

(2003): A festa do Boi na historia de Allariz en A. C. FUNDACIÓN XAN DE ARZÚA: Festa do Boi en Allariz desde 1317. Ourense, Difusora de Letras, Artes e Ideas. CID RUMBAO, A.: Historia de Allariz. Villa y Corte románica, Ourense, Diputación Provincial de Ourense, 1984. (2010): O libro da vaca. Monografía etnolingüística do gando vacún. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. GONZÁLEZ MONTAÑÉS, Julio I. “Máscaras, gigantes y cabezudos en el Corpus gallego”, CIAG.doc, Revista del Círculo Internacional de Amigos de los Gigantes, Vallgorguina (Barcelona), año 5, nº 15, Agosto (2007), pp. 4-9. (1958): "Allariz y el Corpus de Antaño" en Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense n.º 19. PUGA BRAU, J. de. Os xudeos de Allariz. O boi de Corpus e as danzas gremiais, Ourense, Diputación Provincial de Ourense, 1996. SEARA FERRO, Juan Antonio: O Corpus Christi de Allariz. Inicio e orixe da Confraría do Corpus Christi, Allariz, Dr. Alveiros, 2021. TABOADA CHIVITE, Xesús: Etnografía galega. Cultura espiritual, Vigo, Galaxia, 1972.

Outros artigos Chega de Bois

Ligazóns externas Páxina oficial da Festa do Boi

Categoría:Allariz Categoría:Festas de Galicia Categoría:Festas de interese turístico de Galicia